Lugo, 28 de decembro de 2015.- O Grupo Popular levará ao pleno deste martes unha iniciativa plenaria a través da que solicita que os Concellos estean exentos do pago de taxas á Deputación cando realizan obras dirixidas a servizos básicos (alumeado público, abastecemento de auga, acceso a núcleos…) e que afectan a estradas provinciais así como cando lle son concedidas ás administracións locais autorizacións privativas ou para o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial.
En concreto, a voceira dos populares, Elena Candia, explica que a través desta iniciativa plenaria “instamos ao presidente provincial a que poña en marcha o procedemento de modificar as dúas ordenanzas fiscais reguladoras destas taxas, a da taxa por autorizacións de obras e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás estradas provinciais e a da taxa pola autorización privativa ou para o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial”.
“Estamos ante ordenanzas que datan do ano 1995 e do 1998 e, polo tanto, transcorreron máis de 20 e 17 anos, respectivamente, dende a súa derradeira aprobación e dende a última modificación publicada, ata o punto de que fan referencia a normativa actualmente derrogada e mesmo as tarifas establecidas nas mesmas exprésanse en moeda que xa non se atopa en circulación”, explica a popular, quen defende que “necesitan dunha actualización conforme ao contexto xeral e económico que afecta aos concellos e aos particulares”.
Deste xeito, os populares piden que dentro da modificación das ordenanzas, se exima aos Concellos do pago destas taxas cando están a realizar servizos públicos da súa competencia e de interese público e social básicos. Un importante número de expedientes tramitados por esta Deputación, no marco destas ordenanzas fiscais, responden a liquidacións que supoñen unha carga excesiva para as arcas municipais, cando dende os Concellos se están a satisfacer as necesidades dos veciños. Así, por exemplo, “nunha condución subterránea de abastecemento de auga paralela a unha vía provincial nunha lonxitude de 4.326 metros, as taxas superan os 18.000 euros”, exemplifica.
Neste senso, Candia argumenta que as deputacións teñen a obrigatoriedade legal de cooperar e colaborar cos concellos e esta asistencia aos municipios debe dirixirse preferentemente ao establecemento e adecuada prestación dos servizos mínimos. Os populares explican que a normativa establece cal é a serie de servizos legais que debe prestar o Concello (alumeado público, abastecemento domiciliario de auga potable, alcantarillado, acceso a núcleos de poboación e pavimentación de vías públicas…) e, deste xeito, esta petición implica de xeito indirecto unha mellora moi positiva na economía local e particular.
Por último, o Grupo Popular na moción tamén solicita unha regulación máis concreta e detallada do artigo que fai referencia á posibilidade de precisar as contías das taxas a través de convenios para o caso de empresas explotadoras de servizos e de suministros así como de entidades representativas dos sectores estratéxicos da provincia.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



