Lugo, 28 de decembro de 2015.- A vicevoceira do goberno, Pilar García Porto, informou este luns que a Xunta de Goberno viña de aprobar o convenio das 4 Deputacións galegas, a Fegamp e a Xunta de Galicia para a continuidade dos GES durante o período 2016-2018. Tal e como establece o convenio, os GES están financiados nun 60% pola administración autonómica, nun 20% polos organismos provinciais e noutro 20% polos municipios.
“A Deputación de Lugo xa ten comprometida unha partida de 350.000 euros para a continuidade desta prestación os vindeiros 3 anos. Isto permitirá o mantemento de 80 postos de emprego, os dos traballadores dos 7 grupos de emerxencia supramunicipal que se sitúan na Fonsagrada, Becerreá, A Pontenova, Monterroso, Cervo, Folgoso do Courel e Quiroga”, destacou García Porto.
A Xunta de Goberno aprobou unha colaboración de 100.000 euros da Deputación coa Universidade de Santiago de Compostela, para continuar co Plan de Impulso do Campus de Lugo.
García Porto informou que se acordou achegar este orzamento ao desenvolvemento de 5 liñas do protocolo de actuación do organismo provincial e a USC en impulso do Campus lugués. As liñas son:
-Plan de captación de estudantes doutras nacionalidades.
-Desenvolvemento dun plan de apoio para as prácticas de campo.
-Impulso da docencia semipresencial ou a distancia mediante a implantación de novas tecnoloxías.
-Impulso da divulgación científica e a captación de novos talentos.
-Análise das infraestruturas deportivas e docentes.
O teu esforzo ten premio en Lugo
A Xunta de Goberno aprobou outros 10 expedientes que resultaron beneficiados doutras tantas bolsas da Deputación, coas que se lle custean os gastos da matrícula no Campus de Lugo. Son concretamente 6 mellores expedientes de BAC que iniciaron este ano os seus estudos na USC en Lugo, e 4 mellores expedientes de Grao que están un cursar Máster tamén no Campus lugués.
Ben Empregado
A Deputación aprobou a resolución de 15 novas empresas e asociacións que ofrecen 17 postos de traballo na provincia de Lugo, a través do Ben Empregado. Estas empresas son agora beneficiarias logo de que outras tantas empresas presentaran as renuncias.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



