As eleccións xerais do domingo 20 de decembro tamén serviron para elixir aos 208 senadores que conforman a cámara alta. Así, ademais do reparto de deputados por circunscripcións provinciais, tamén se establecía o reparto de membros do Senado que quedará conformado por 124 do Partido Popular, 47 do PSOE, 9 de Podemos, 6 de ERC, 6 de DL, 6 do PNV, 4 de En Comú, 2 de En Marea, 1 de Compromís, 1 de CAMBIO-ALDAKETA, 1 de CCa-PNC e 1 de ASG (Agrupación Socialista Gomera).
Os 16 representantes galegos repártense do seguinte xeito: 12 do PP, 2 de En Marea e 2 do PSdeG-PSOE (que perde 2 con respecto ás pasadas eleccións xerais do 2011).
LUGO
José Manuel Barreiro Fernández (PP) con 80.235 (14,93%)
Dámaso López Rodríguez (PP) con 78.565 votos (14,62%)
Sandra Vázquez Domínguez (PP) con 77.950 votos (14,50%)
Ricardo Jacinto Varela Sánchez (PSdeG-PSOE) con 45.225 votos (8,41%)
A CORUÑA
Paula Prado del Río (PP) con 220.934 votos (12,46%)
María Aparicio Calzada (PP) con 214.826 votos (12,12%)
José Luis Ramón Torres Colomer (PP)con 214.762 votos (12,12%)
José Manuel García Buitrón (En Marea) con 153.055 votos (8,63%)
OURENSE
Edelmira Barreira Diz (PP) con 79.401 votos (15,61%)
María del Carmen Leyte Coello (PP) con 78.578 votos (15,45%)
Francisco José Fernández Pérez (PP) con 78.147 votos (15,37%)
Luis Manuel García Mañá (PSdeG-PSOE) con 40.471 votos (7,96%)
PONTEVEDRA
Marta Lucio Gómez (PP) con 180.355 votos (11,93%)
Miguel Fidalgo Iglesias (PP) con 175.684 votos (11,62%)
José Crespo Iglesias (PP) con 174.808 votos (11,56%)
María Vanessa Angustia Gómez (En Marea) con 136.084 votos (9,00%)