Foz, 14 de xaneiro de 2016.- A Biblioteca Pública Municipal de Foz entregou os premios dos certames de poesía e de postais de Nadal. O acto estivo presidido pola concelleira de Cultura e Educación focense, Silvia Blach Cuesta.
Os premiados do Certame de Poesía foron: na categoria A, Candela Rodríguez Gandoy, de 7 anos; Izan Delantero Gómez, tamén de 7 anos, e Sofía Manín Rodríguez, de 8 anos. Na categoría B, Carlota Fernández Del Riego, de 11 anos; Álvaro Fernández Prado e Anxo Muela Arias, ambos de 10 anos.
Os premiados no Certame de Postais de Nadal foron: na categoría Infantil A, Alice Freixo Forés, de 6 anos, e Yiyi Zheng, de 5. Na categoría Infantil B destacaron os traballos de Bruno Rodríguez Docobo e de María Alonso Abad, os dous de 9 anos. Con respecto á categoría Xuvenil os galardoados foron Iván García Méndez e Areadna Magdiel Taype Camasga, ambos de 11 anos. De entre os premiados a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Bruno Rodríguez Docobo e o colexio público Número 1 recibiu o premio especial ao centro educativo.
A entrega de premios tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura focense.