CADERNOS DA VIAXE. Os derradeiros anos do mandato do rei Juan Carlos afondaron na idea de que a Coroa era a Institución que pechaba e lle daba sentido ao sistema da transición, baseado no bipartidismo dinástico PP-PSOE e no capitalismo do BOE ou de amiguetes, manifestado nas grandes empresas concesionais, construtoras, de distribución eléctrica ou bancarias presentes maioritariamente no IBEX 35. Foi Juan Carlos, asemade, un Rei cun concepto fondamente unitarizante, que chegou defender en San Millán de la Cogolla (2001) que “ a nadie se le obligó nunca a hablar en español…”, afirmaciòn que descualifica á Casa Real canto á súa sensibilidade a respecto da pluralidade lingüística e cultural española.
A proclamación do seu fillo Felipe de Borbón fixo agardar de moitas persoas que o novo Rei, como home da nosa xeración e persoa con boa preparación intelectual, ía conectar mellor coa plurinacionalidade do Estado e ía abrir novas vías canto á sensibilidade a respecto dos terríbeis efectos na nosa sociedade do desemprego (e, xa, subemprego) e as grandes inxustizas sociais. Mais iso non foi así.E teño para mín que Felipe de Borbón ten ideas propias a respecto do seu rol institucional e éste pasa por un aberto intervencionismo, nunha tradición borbónica que afunde as súas raíces en antepasados do Rei actual, como Alfonso XIII, que chegou aceptar o golpe militar de Primo de Rivera e posibilitar a súa ditadura.
canto á sensibilidade plurinacional, semella que El Rei sintoniza coas ideas de Albert Rivera cando dí que “o Xefe do Estado non pode ser neutral cos independentistas”. Nin sequera cos que acreditan na plurinacionalidade do Estado. Velaí ese concepto historicista e esencialista de nacionalismo español que destilou a mensaxe real do pasado Nadal e a frialdade, cando non hostilidade, publicamente amosadas a respecto do President Màs e, máis recentemente, da presidenta do Parlament catalán.
Mais tampouco semella que os valores da xustiza social e da substitución das políticas de austeridade sexan prioritarias. Pola contra e ás resultas do que nos revele o vindeiro futuro, semella que a aposta do Xefe do Estado sería un goberno apoiado no bipartidismo dinástico e nos C’s, o seu comodín. Un goberno que atopa o rexeitamento da maioría das bases electorais do PSOE e de non poucos dos seus cadros, nomeadamente os do norte do Estado.
Xoán Antón Pérez-Lema

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



