Mondoñedo, domingo 17 de xaneiro de 2016.- O Entroido de Mondoñedo celebrarase este ano o sábado 13 de febreiro. Organizado polo Concello (a través da Concellería de Xuventude que dirixe Alberto García), e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade (ACIAM), en colaboración con voluntarios; conta cun programa que presenta importantes novidades que “melloran o seu atractivo, co que se buscan dar un pulo a esta cita anual”.
O Entroido mindoniense de 2016 inclúe un incremento no número de diferentes categorías que poden participar no desfile e melloras no catálogo de premios, amais de contar con cartel musical.
En concreto, haberá novas categorías de participantes no desfile. Os adultos participarán no desfile nas categorías de comparsas, charangas, carrozas, grupos, individuais e parellas, mentres que tamén haberá premios infantís para grupos, parellas e individuais. Neste senso, é necesario resaltar que as novidades son a división entre comparsas e charangas, que en pasadas edicións competían na mesma categoría, ademais de que se creou unha nova categoría, a das carrozas.
Do mesmo xeito, tamén se mellora o cartel de premios. Así, a contía a repartir entre os gañadores increméntase nun 78% respecto á pasada anualidade e concederanse tres premios por categoría que participa.
A maiores, a programación do Entroido de Mondoñedo para este ano tamén conta coa actuación musical dunha orquestra, que permitirá amenizar a entrega de premios e prolongar a celebración deste día na localidade.
Por último, a alcaldesa Elena Candia lembrou que o Goberno municipal “quere apostar polo Entroido e, deste xeito, estase a traballar en melloras na súa programación, que xa comezarán a darse esta anualidade e que permitirán impulsar esta cita”.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



