A Xunta de Goberno deste venres aprobou unha proposta para que a Deputación de Lugo preste dende a Área de Promoción Económica e Social, que é a que conta con dinamizadores laborais e axentes de desenvolvemento local, asesoramento técnico e administrativo gratuíto aos Concellos co obxectivo de que poidan concorrer aos obradoiros de emprego da Xunta de Galicia. Este mesmo venres, o organismo provincial enviou unha comunicación aos municipios para darlles conta desta prestación. O organismo provincial tamén concorrerá a esta convocatoria. O prazo remata o 30 de xaneiro.
Novidades sobre o Centro de Recría
Na sesión acordou a creación dunha comisión técnica que elaborará a necesaria memoria sobre aspectos sociais, xurídicos e financeiros para a posta en marcha do Centro de Recría. Profesionais e académicos de recoñecido prestixio no sector gandeiro formarán parte da mesma. A vicevoceira provincial socialista, Pilar García Porto, avanzou que a comisión técnica formarase de xeito inmediato e a memoria estará lista nun prazo de 2 meses.
“Un dos principais obxectivos desta comisión é a elaboración dun estudo de mercado para que os custos do primeiro centro de recría de gando vacún público en España sexan os máis competitivos. É dicir, para que verdadeiramente estas instalacións públicas aforren cartos aos gandeiros pola recría, cumprindo co fin para o que naceron”, remarcou García Porto.
A creación da comisión técnica e a elaboración da memoria sobre o centro de recría é unha obriga legal previa para levar ao Pleno Provincial a proposta de aprobación do modelo de xestión do Centro de Recría.
O prego de cláusulas que rexen a súa xestión pública xa foi aprobado pola Xunta de Goberno do 22 de maio. Tal e como explicou García Porto, para garantir a participación directa dos gandeiros na xestión do centro de recría, “posto que entendemos que son os profesionais que mellor coñecen o sector e, polo tanto, máis rendibilidade lle poden sacar a estas instalacións”; no prego establécese a obriga dos posibles adxudicatarios de contar coa participación directa dos gandeiros a través de entidades de economía social (cooperativas, SATS, etc).
Xestión pública fronte á privada
Fronte ao modelo de xestión pública que defende o Goberno Provincial, a vicevoceira desvelou que “o PP avoga por un modelo privatizador sobre o que non deu conta, pois Candia quería facer unha concesión demanial. Isto conleva que a Deputación se desvincule totalmente da xestión e control do centro unha vez adxudicada a xestión”.
Ben Empregado
A Xunta de Goberno resolveu a contratación de 3 desempregados lucenses que comezarán a traballar noutras 3 empresas da provincia co Ben Empregado. Son perfís que quedaron desertos e que se cobren a través do INEM. Trátanse dun cociñeiro, un peón gandeiro e un especialista en montaxe de cubertas.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



