Lugo, 12 de xaneiro de 2016. A Subdelegación do Goberno en Lugo recibiu este mediodía un escrito da asociación Agromuralla na que comunican a decisión de “desconvocar a concentración de tractores” que dende o pasado 10 de decembro mantiñan na contorna da Muralla, así como a celebración dunha concentración este venres ás 13.00 horas diante da Xunta. O levantamento dos tractores levarase a cabo este venres, ás 16.30 horas.
A desconvocatoria da tractorada prodúcese despois de que o pasado 12 de xaneiro a Subdelegación dictara unha resolución na que limitaba a concentración de tractores, de tal forma que os obrigaba a colocarse formando unha única ringleira no carril interior da Ronda da Muralla, garantindo ademais en todo momento que quedaran libres dous carrís para a circulación de vehículos así como que quedasen despexados os accesos de entrada e saída ao recinto amurallado.
Dende a Subdelegación do Goberno dase por comunicada e acéptase a hora de desconvocatoria da tractorada, se ben, deuse traslado do escrito de Agromuralla ao Concello de Lugo, por se dende ese organismo aprezaran algún inconvinte, algo que ata o de agora non se manifestou.
O subdelegado do Goberno agradece a Agromuralla o comportamento amosado durante os 35 días que permaneceron na cidade porque nese tempo “non houbo constancia de ningún incidente en materia de seguridade cidadá, e en todo momento respetaron as indicacións que se lles ían dando dende os corpos de seguridade”. Do mesmo xeito, Carballo animou aos gandeiros a respetar as directrices do plan de evacuación deseñado na xunta de seguridade convocada pola Subdelegación previamente ao inicio da concentración, respetando as normas de circulación e atendendo ás indicacións que poidan recibir da Policía Local, no caso urbano, e da Garda Civil de Tráfico, nas vías interurbanas”.
A RESOLUCIÓN
A Subdelegación do Goberno dictara este martes a resolución que limitaba a concentración de tractores na Ronda da Muralla tendo en conta os escritos que a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería (APEHL) presentaran ante este ente gubernamental, e nos que poñían de manifesto os problemas de circulación e os prexuízos que, tanto á cidadanía como aos comercios, estaba a ocasionar a citada concentración; e tendo en conta tamén os informes solicitados ao Concello de Lugo, a Policía Nacional e a Abogacía do Estado.
A resolución pretendía acabar coas perturbacións na circulación do tráfico rodado e coa crispación social que xeraba a tractorada, ao estar a mesma prolongándose no tempo e sen ter ademais prevista unha data de remate. De igual xeito, a decisión da Subdelegación respetaba o dereito de reunión, un dereito fundamental regulado na Lei Orgánica 9/1983 de 15 de xullo.