Santiago, 23 de xaneiro de 2016.- A Xunta de Galicia adxudicou esta semana trece parcelas de solo nos parques empresariais de Lourenzá, Monterroso, Quiroga, O Carballiño e Ribadavia, con bonificacións do 50 por cento sobre o prezo das mesmas. En total as adxudicacións suman máis de 13.448 metros cadrados de superficie.
A adxudicación realízase directamente xa que ditas parcelas quedaron vacantes no concurso de venda de solo bonificado convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en 2015 e dado que este organismo mantén as bonificacións na venda de solo nos parques da súa propiedade.
A meirande parte das adxudicacións realizouse no parque empresarial de Monterroso, onde se adxudican oito parcelas, cunha superficie total de 5.366 metros cadrados. En Lourenzá adxudicouse unha parcela de 1.551,44 metros, en Quiroga dúas parcelas que suman 2.015 metros cadrados, no Carballiño unha parcela (3.173 metros) e en Ribadavia tamén unha parcela de 1.343 metros cadrados.
Ata o momento actual e grazas ás bonificacións no prezo do solo implantadas en 2015 para os parques empresariais do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur, a Xunta adxudicou máis de 514.000 metros cadrados de solo empresarial en 216 parcelas repartidas polas catro provincias galegas, o que supón unha superficie equivalente á venda no conxunto dos anos 2013, 2013 e 2014.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



