O pasado 30 de decembro o Diario Oficial de Galicia publicaba a Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocaban axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Esta convocatoria leva varios anos repetíndose, pero este ano ten unha característica que a fai diferente aos anteriores, establece que o alumnado desas actividades cuxa participación será subvencionable, será aquel pertencente a unidades familiares con ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM para o 2015.
Esta condición fai que unha liña de axudas que está incluída, segundo a propia convocatoria, nas “actuacións dirixidas a estimular formas de organización dos tempos de traballo para facilitar a conciliación de homes e mulleres”; se desvirtúe introducindo elementos de política social que non están relacionados coas axudas que convoca; novamente temos aquí a ideoloxía dun goberno que continúa multiplicando os copagos, directos ou indirectos, en tódalas áreas nas que se introduce.
Pero o realmente sorprendente desta convocatoria é que cando as ANPA adxudicatarias desta liña de axudas pretendan xustificar os seus gastos, terán que achegar “a declaración do IRPF de 2014 das unidades familiares ou certificación dos ingresos percibidos nesa anualidade emitida pola AEAT”.
Ou sexa, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende que as asociacións de nais e pais recollan das familias asociadas copias da súa declaración da renda, información privada que en absoluto ten que ver co obxecto social de ningunha anpa; o que entra de cheo no ámbito da Lei orgánica de protección de datos que o di moi claramente no seu artigo 4: “Os datos de carácter persoal só se poderán recoller para o seu tratamento cando sexan axeitados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtiveran”.
E non só pretende que as ANPAS recollamos eses datos, a maiores pretende que se lle facilite o acceso aos mesmos á propia secretaría xeral, de quen tampouco temos asegurado que se correspondan co seu “ámbito e finalidades determinadas”.
Esta pretensión entra totalmente dentro do constante abandono de funcións da Xunta de Galicia, porque o que realmente quere esta convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade é que o seu traballo sexa realizado polos colectivos sociais, ao marxe da legalidade e modificando as funcións que lle son propias a eses colectivos, para utilizalos, neste caso ás ANPA, como oficinas administrativas ao servizo da Administración Pública.
E dende logo as Anpa non somos oficinas de ningunha Administración; o traballo das ANPA é sempre e exclusivamente participar na educación dos nosos fillos e fillas, ser parte práctica real da comunidade educativa, complementar a acción docente coa achega da nosa experiencia e da nosa implicación; estar presentes tamén na vida lectiva dos nosos fillos e fillas como o estamos no resto do seu tempo vital. Desgraciadamente, tivemos que emendar dende sempre as múltiples carencias prácticas que ten a nosa organización educativa, promovendo e xestionando, con clara conciencia de excepcionalidade, todas as competencias que a Xunta de Galicia non é quen de desenvolver; pero as ANPA nin tan sequera debéramos organizar actividades extraescolares de ningún tipo, porque iso debera ser unha actividade programada e homoxénea da Xunta de Galicia, que debería utilizar para establecer mecanismos de conciliación da vida laboral e familiar, e tamén para complementar os períodos lectivos con outro tipo de actuacións, de recepción voluntaria, nas que se poderían desenvolver máis amplamente aspectos tan diversos e necesarios como a educación deportiva, artística, de comunicación, etc.
E o que non imos facer, o que denunciamos e rexeitamos, é introducirnos na vida privada das nosas familias asociadas; porque para nós todos os nenos e nenas que participan do noso Ensino Público son exactamente iguais, e non temos dereito, e ademais non queremos telo, a coñecer cal é a súa situación económica, a situación laboral na que se atopan os seus pais, as propiedades que poidan ter ou mesmo con quen conviven.
Por iso, esiximos da Secretaría Xeral da Igualdade que modifique a convocatoria de axudas do 30 de decembro e que elimine as referencias aos ingresos das unidades familiares cuxos fillos e fillas participen nas actividades subvencionadas, porque entendemos que as políticas sociais de canalización de axudas públicas moduladas en función das rendas das familias deben estar diferenciadas das políticas que promovan a igualdade entre homes e mulleres, ou a conciliación da vida familiar e laboral , dous conceptos que non son a mesma cousa aínda que nesta convocatoria se mesturen; e que deben ser os encargados de facer esas políticas sociais quen utilicen para ese fin o coñecemento dos datos que nós agora rexeitamos solicitar das nosas familias asociadas.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



