Burela, 15 de xaneiro de 2016.- O Burela Pescados Rubén deixou escapar unha boa oportunidade para manterse na loita polo acceso ao Play Off trala súa derrota por 3-2 na pista do Elche CF V. Alberola. O conxunto mariñao comezou con boas sensacións un partido ante un Elche que aproveitou o agasallo laranxa para situarse por diante (1-0) cun gol de Carlos Anós, minuto 2. Co 1-0 os ilicitanos crecéronse e os bureleses acusaron en exceso o contratempo. Malia iso, Hélder conseguiu igualar a contenda (1-1) aos oito minutos pero os locais foron máis intensos e agresivos que os visitantes. Ao filo do descanso, Kiwi nunha boa acción individual marcou o 2-1 co que se chegou ao descanso. Na continuación os bureleses non lograron reaccionar e o Elche foi aumentando en confianza e en méritos para facerse acreedor do triunfo. Un par de chispazos laranxas tiveron como resposta os reflexos de Javi para evitar o empate. No minuto 32, Raúl Manjón realizou unha boa xogada para asistir a Óscar Ruiz que marcou o 3-1 que obrigou ao Burela a apostar polo xogo de cinco para intentar cambiar o rumbo dun encontro de cor local. Tras varias oportunidades chegou o 3-2 marcado por Iago Rodríguez aínda que a reacción foi tardía e o Elche sumou tres puntos merecidos ante un gris Burela Pescados Rubén.
Ficha técnica
Elche C.F. V. Alberola: Javi, Raúl Manjón, Juanjo, Carlos Anós, Kiwi -cinco inicial- Jesús García, Pitu, Óscar Ruiz.
CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Carlitos, Antoñito -cinco inicial- Chano, Chino, Isi, Hélder, Iago Rodríguez.
.
Goles: 1-0, m.2, Carlos Anós; 1-1, m.8, Hélder; 2-1, m.19, Kiwi; 3-1, m.32, Óscar Ruiz; 3-2, m.39, Iago Rodríguez.
Árbitros: Martínez Segovia, Munez Carpintero. Cartón amarelo a Iago Rodríguez e Isi do Burela Pescados Rubén.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
