Burela, 27 de xaneiro de 2016.- A talla política dun equipo de goberno mídese pola repercusión e alcance das medidas que desenvolve, asistimos en Burela a unha triste competición entre os concelleiros de goberno por ver quen ocupa máis prensa.
Entendemos que esta é unha realidade porque senón non sería comprensible que sexa noticia “El Concello repone los contenedores en mal estado”, que menos, esta é a súa función. Isto é unha mostra da política mediática. Calquera día publican que cambiaron un “enchufe” aínda que esta nova igual non é bo publícala.
Vender un traballo que é de recibo, non pode ser, máxime cando en Burela existen numerosos puntos de acumulación de lixo e obxectos que precisamente non benefician a nosa imaxe. Recomendamos que paren estas frivolidades porque neste campo non precisamos de improvisación nin anuncios, e si de acción de goberno.
É vergoñento que unha delegación venda este acto cando un vehículo propiedade do concello esta en estado de ruína creando un foco de vertedoiro incontrolado. Unha boa xestión sería usar as competencias e solucionar este tema.
Temos un goberno sen rumbo. Cando a noticia é que se cambian colectores, cal é a acción do programa? Dende CxG Burela decir GRAZAS, señora concelleira, por facer o seu traballo, cos cartos dos nosos impostos.
Agora, se vostede o ten a ben, retire ese vehículo e arranxe os focos de acumulación de enseres, non se preocupe, rexistremos no Concello o pertinente escrito coa súa localización en breve.