Nas aldeas de a Mariña cando chega a época de Entroido, en todas as casas celébrase a Don Carnal por mediación da carne do porco e outras viandas mediante unha gran reunión de todos os familiares afines a casa matriz. E como todo tipo de reunión, neste norte nordesio, é gastronómica, por suposto.
O típico na miña aldea,Nois, é comer un cocido de grelos brancos, e patacas con xamón, lacón, touciño, unha cabeza de porco cocida enteira, que aquí se chama “cacheira”, chorizos de longaniza,orella, soa, galiña, costela de porco e de tenreira e garabanzos. E de sobremesa roscas de Entroido, buñuelos, chulas, orellas, filloas, e pan de fiada.
Un Entroido sen os seus típicos doces non seria un autentico Entroido”. Isto dedúcese da grande demanda e éxito que teñen estes exquisitos doces propios da nosa cultura perante esta época festiva, ou tamén, por que non, en calquera outro momento que nos praza. Cada bisbarra outórgalles unha denominación propia ou varíanlle os ingredientes pero sen dubida son estes os que aportan a nota de sabor a Don Carnal antes de que Doña Coresma nos prohíba todo divertimento carnal de gastronómico.
Soñei que volvía ser neno na ALDEA,soñei cun amencer dun mes de febreiro, cunha mañá fría. Soñei que era domingo de entroido. Esperteime moi cedo, excitado porque era a primeira vez que vestía de antroideiro.
Recordo que sufrín unha auténtica transformación cando me puxen a careta feita de carton recortado, xa non era eu. Eran todos os devanceiros os que estaban dentro de min nese momento, era a ALDEA mesma a que se vestía de entroido. Era a forza que dá o entroido na ALDEA. Esperteime…Pola miña xanela entrou un cheiro coñecido, ancestral.Aquela mañá cheiraba a entroido… de aquel entroido da miña nenez na aldea de Nois non queda casi nada hoxe a celebración e allea as nosas tradicions e faise nas vilas de Foz e Burela, con un desfile que non e mais que unha mala copia do de Rio de Xaneiro, eso si, sin a gracia nin a música dos Cariocas.
Xa vai morrendo o Entroidopro sólo por iste ano, que morrer non morre nunca porque o Entroido eiquí é sagrado. Sempre haberá algún vello sentado o carón do lume contando contos do Entroido mentras o netiño durme.
Otero Regal.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



