Lugo, 15 de xaneiro de 2016.- A voceira do Grupo Provincial do PP de Lugo, Elena Candia, lamentou este venres “que o primeiro que herdara o Señor Campos sexa a vagancia de Besteiro” á hora de pórlle solución aos problemas desta provincia. Así o puxo de relevo tras o incumprimento do bipartito da moción presentada e aprobada no último pleno ordinario na que os populares demandaban que os Orzamentos da Deputación de Lugo foran presentados antes de quince días, un prazo que non se ten respectado. “Ao Señor Campos quédalle moi grande a institución e a situación que está a vivir cos seus compañeiros”, engadiu Candia.
A voceira, que compareceu acompañada dos vicevoceiros Juan Carlos Armesto e José Antonio García, explicou que os Orzamentos seguen a acumular un retraso “alarmante e intolerable”, posto que xa tiñan que ser aprobados antes de comezar o 2016. “Lamentamos que o Señor Campos non atenda as necesidades da provincia e as súas obrigas como presidente e consideramos inaceptable ademais que se incumpran os acordos tomados pola maioría do Pleno”, matizou.
Elena Candia considerou que este xesto do bipartito “é un insulto para este grupo, o maioritario, para os cidadáns que nos teñen apoiado, pero non só. É un insulto para todos e todas os lucenses que vén que o goberno provincial desatende as súas inquedanzas e problemas”. A popular afirma que socialistas e nacionalistas deixan á vista “a incapacidade para xestionar esta administración, posto que non contan cun proxecto para esta provincia ni coas gana e o empeño necesario para sacalo adiante”.
O Grupo Provincial Popular asegura que este incumprimento por parte do bipartito tamén pon de manifesto que cando foron ao Parlamento nos mentiron, mentíronlle a todos os lucenses, anticipando as liñas mestras duns orzamentos que non existen. “Nin naquel momento no Parlamento, nin a día de hoxe teñen un proxecto de Orzamentos para esta provincia, posto que seguimos sen coñecer os investimentos que se levarán a cabo este ano”, engadiu Candia.
“Do Señor Campos polo de agora só sabemos que non respecta os acordos do pleno e que cando hai que apoiar decisións importantes como aumentar o Orzamento de Suplusa para beneficiar a todos os concellos, decide darlles as costas e votar en contra. En todo este tempo só lle temos visto tomar unha decisión: manter un vehículo de alta gama para viaxar. En ningún momento, en ningunha das poucas decisións que ten adoptado este presidente, tivo en conta os intereses desta provincia e dos lucenses”, concluíu.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



