Santiago, 15 de xaneiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou este venres, cos votos favorables de PP, PSOE e BNG, a iniciativa do Grupo Popular na que insta á Xunta de Galicia á posta en marcha de axudas e outros incentivos para os propietarios dos montes que queiran acollerse aos distintos sistemas de certificación forestal que existen.
O acordo parlamentario proposto polos populares pide tamén impulsar a obtención de certificacións forestais para os montes de titularidade pública dependentes das administracións locais, mediante a posta en marcha de liñas específicas da axudas e para aqueles que dependen da Xunta de Galicia.
MÚLTIPLES VANTAXES
O portavoz de Forestal do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, lembrou as múltiples vantaxes da certificación forestal, entre elas que a madeira certificada pode chegar a venderse cun prezo ata un 20 por cento superior daquela que non dispón deste selo de calidade. Ademais, a certificación pode trasladarse tamén a todos os derivados da madeira, tales como pasta, papel, mobles embalaxes, para que estes tamén poidan beneficiarse das súas vantaxes.
Balseiro asegurou que xeneralizar a certificación forestal mediante estes incentivos serviría para mellorar a competitividade do sector forestal e o acceso aos mercados internacionais da madeira, ademais de apostar por modelos que garanten prácticas máis respectuosas co medio ambiente e que ofrecen montes máis produtivos e sostibles.
AGRADECEMENTO A PSOE E BNG, E CRÍTICAS A AGE
O deputado popular agradeceu o apoio do PSOE á súa iniciativa e a “ súa sensibilidade” por unha proposta que “aposta por montes máis sostibles e con maior valor”. Neste sentido, lembrou que, “aínda que nunha primeira fase os máis beneficiados por estas medidas de impulso serían os propietarios forestais, os beneficios da certificación dos montes tamén repercutirían en empresas como serradoiros, industrias gráficas ou almacenistas, entre outras, que participan na cadea de valor da madeira”.
Así mesmo, Balseiro lamentou que “o grupo mermado de AGE e o BNG non quixeran sumarse ao acordo” e acusounos de “descoñecer a realidade forestal galega e ser un obstáculo para todas a iniciativas que buscan mellorar a situación do noso rural”.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



