Lugo, 8 de xaneiro de 2016.- O voceiro do BNG e responsábel da Área de Cultura na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, aproveitou a habitual rolda de prensa posterior á Xunta de goberno do ente provincial para facer unha valoración sobre o 2015 no referente á Rede Museistica.
Neste sentido, Ferreiro indicou que “o 2016 é un ano que comeza ben” en relación coas cifras de visitantes que recibiron os centros que compoñen a Rede Museistica Provincial, dependente da Área de Cultura, durante o ano 2015. Sumadas as persoas que visitaron os catro Museos, fan un total de 103.569 visitantes que se achegaron a algún dos edificios que compoñen a Rede.
Ferreiro amosouse contento con estas cifras, indicando que “unha vez pechadas as estatísticas do ano 2015 constátase que o número de visitantes da Rede Museistica segue a medrar ano tras ano, rexistrándose unha subida dun 2.02% no seu conxunto”.
Incrementos moi salientábeis nos casos do Pazo de Tor e do Museo do Mar
Especialmente salientábeis son os casos do Pazo de Tor, en Monforte, e do Museo do Mar, en San Cibrao. No caso do Museo monfortino, constátase un aumento das 7601 visitas no 2014 pasando a ser 9066 as visitas que se produciron no 2015. Así mesmo, no caso do Museo ubicado na Mariña lucense, as visitas pasaron das 17980 do ano 2014 ás 20616 visitas rexistradas no ano 2015.
O Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, felicitou por estes datos a todo o persoal da Rede Museistica, “agradezo o entusiasmo que poñen as traballadoras e traballadores da Rede Museística na atención ao público e en facer que os nosos Museos sexan xa puntos de referencia cultural cando se fala da provincia de Lugo”.
Moito que ofrecer desde a Rede Museística e o CENTRAD
Ferreiro concluíu sinalando que malia estas boas cifras “a Rede Museística aínda ten moito que ofrecer e, desde logo, desde a Área de Cultura traballaremos para que estes números de visitantes continúen ascendendo nos vindeiros anos”
O nacionalista lanzou xa algunhas propostas sobre as que se está a traballar desde a Área de Cultura, como é o traballo con centros de ensino e asociacións “facilitándolles o medio de transporte para que visiten a Rede Museistica e tamén o CENTRAD”. Con respecto a este último, Ferreiro sinalou que “traballaremos, man a man coas artesás e artesáns, para darlle visibilidade e que o CENTRAD pase tamén a ser punto de referencia da artesanía e da cultura na nosa provincia. Por iso estamos traballando xa nun calendario expositivo e en moitas actividades máis que iremos dando a coñecer nos vindeiros días, buscando sempre que acheguen a cultura dun xeito aberto e participativo a todas as persoas en igualdade de condicións.”
O Delegado de Cultura aprobeitou tamén para referirse aos problemas que están a xurdir na estutura do Museo de Lugo, que se viron agrabados nestes días por mor do temporal de choiva e vento e que provocaron a aparición de numerosas goteiras nalgunhas estancias da entidade museística. A este respecto indicou que xa se está a traballar nun paquete de medidas para resolver todas estas cuestións, adiantando que se destinarán en torno a 500,000 € de orzamento para solventalas.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



