Cervo, 11 de xaneiro de 2016. O Concello de Cervo e a Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo acaban de firmar un convenio de colaboración entre ambas entidades cuxos fins son non lucrativos e teñen por finalidade sociodeportiva e cultural dar a coñecer as técnicas de mergullo con escafandra autónoma, salvamento e socorrismo. A principal actividade é a promoción do deporte, a actividade física e o coñecemento do fondo mariño. Así o explicou o concelleiro de Deportes cervense, José Ramón Soto Martínez, que se reuniu co presidente do club, Julio Vázquez Pérez, na piscina olímpica de San Cibrao.
José Ramón Soto manifestou que “como non pode ser doutro xeito, o Concello de Cervo segue apostando polas actividades sociodeportivas e firmou este convenio coa Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo, que se formou a principios do ano 2014 e xa conta con 200 socios que practican estas actividades. A maioría do seus membros proceden de todo o territorio español e sobre todo aproveitan as súas épocas estivais e de vacacións para gozar das nosas costas practicando o submarinismo”.
O edil de Deportes engadiu que “a idea de ambas entidades, tanto Concello de Cervo como da Escola de Buceo, é xerar actividade deportiva acuática no noso litoral e programar algúns cursos de formación para o desenvolvemento do submarinismo. E tanto o Concello de Cervo como o Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo teñen o obxectivo de dar máis protagonismo, se cabe, a todas aquelas actividades deportivas que poidan axudar aos nosos veciños a ter variedade de actividades que xeren saúde e benestar. A actividade básica para todas aquelas persoas que desexen iniciarse nesta práctica deportiva é a denominada bautismo de buceo, que consiste nun primeiro contacto co fondo da auga, que se desenvolverá na piscina olímpica de San Cibrao”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



