Burela, a 27 de xaneiro de 2016.- “O Sr. Díaz, ademáis de mentir, quere facernos tontos, a non ser que él mesmo se crea as historias que inventa”. Así define o Grupo Municipal Popular burelés as declaracións do concelleiro de Cultura socialista sobre o expediente de declaración de Fiesta de Interés Turístico Nacional para a Festa do Bonito, dado que “unha persoa coma esta, que non tén nin idea de cómo naceu, a qué se debe, etc, etc, a Festa do Bonito, non pode darnos leccións de nada, máxime cando vamos demostrar que minte, ou que alomenos non coñece nin o propio expediente, o que sería mui grave xa que é el o que parece que leva o asunto, cando debería ser o concelleiro de Turismo”.
Segundo o GMP, “o Sr. Díaz di textualmente que ‘en esa solicitud, que ni siquiera es la memoria, para que nos concedan ese título honorífico de fiesta de interés turístico nacional nos ceñimos a lo que nos piden y se lo enviamos’. Esto demostra que ou o Sr. Díaz non lee, ou non interpreta ben o que lee, ou minte, xa que a Orde ITC 1763/2006 de 3 de maio dice na suá disposición cuarta, punto 1, que ‘Las solicitudes…deberán ir acompañadas de una memoria explicativa…’.”
Os populares engaden que “o Sr. Díaz tamén di, referíndose á memoria, que ‘Es muy breve lo que se envía porque se trata de una solicitud; la memoria todavía tenemos que hacerla y para ello por supuesto que hablaremos con Ledicia para que nos cuenten’. Conclusión: este home non se enterou ainda de que a solicitude, xunto con toda a documentación que vai no expediente, que este señor descoñece a normativa, xa que a Orde de referencia di que ‘las solicitudes….habrán de ir acompañadas de acuerdo de Pleno del Ayutamiento…’ no punto 2 da indicada disposición cuarta. Pero polo menos danos a razón cando recoñece que o expediente é mui pobre, por non decir que é unha porcallada”.
Desde o GMP opinan que “polo tanto, a documentación que se enviou o día 11 de decembro pasado iba incompleta, porque faltaba o acordo plenario. E o propio Sr. Díaz recoñece que non falaron para nada con Ledicia… Cóllese antes a un mentiroso ca un coxo”.
O Grupo Popular indica que “nós non vamos a descubrir aquí o que é Ledicia, o que significa e o que colabora sempre que pode. Sólo reiteramos, porque é o asunto que nos preocupa, que na memoria que se enviou o pasado día 11 de decembro xunto coa solicitude aparece citada unha sola vez, e como entidade colaboradora. Se o que decimos non é certo, que diga o Sr. Díaz que mentimos, e de non ser así, que cale a boca porque o mentiroso é el”.
Por último, desde o GMP aseguran que “no seno do goberno municipal hai problemas, porque non é lóxico que o concelleiro de Turismo pase deste asunto e sexa o concelleiro de Cultura o que saia na prensa contestando ó que nós decimos e facéndose responsable da documentación. Tanto é así, que na comisión informativa de asuntos de pleno celebrada o pasado martes e na que o noso grupo denunciou a discriminación que se facía con Ledicia na memoria, o propio concelleiro de Turismo recoñeceu que as nosas afirmacións eran certas. Polo tanto, aparte de todo este asunto, o alcalde tén un problema serio de funcionamento e de compatibilidade de caracteres dentro do seu grupo, e debería pensar en solucionalo canto antes”.