Mondoñedo, 7 de xaneiro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo comunica que:
A rexedora, Elena Candia, e o equipo de Goberno súmanse á indignación dos veciños e veciñas, dos negocios e comerciantes afectados polos constantes cortes de subministro eléctrico.
O Goberno local vén de solicitar unha reunión con carácter urxente coa empresa responsable para tratar de pórlle fin a esta problemática.
O equipo de Goberno esíxelle á empresa responsable da prestación do servizo que adopte medidas na maior brevidade posible para evitar esta situación.
Tamén se lle pedirá que estude indemnizar aos afectados polos cortes no subministro.