Viveiro, 28 de xaneiro de 2016.- Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
No Pleno do 2 de outubro de 2014, aprobábase, por unanimidade, unha moción presentada polo noso grupo para a creación dunha comisión que estudiase a adopción de medidas para a mellora da seguridade vial, poñendo especial enfase nas zonas escolares. Acordábase solicitar un informe da Policía Local ó respecto e mesmo consultar coa COTOP posible medidas a adoptar nas beirarrúas.
Sete meses máis tarde e ante o incumplimento deste acordo por parte do equipo de goberno socialista, o noso grupo presentaba un ROGO no pleno de maio de 2015 instando o cumplimento obligado deste acordo plenario.
Trancurridos xa, dende aprobación inicial do acordo máis de 15 meses, e visto que non se cumpliu co acordado cando é de obligado cumplimento, e dado que nestas últimas datas se produciron dous atropelos graves na nosa cidade, dende o PP pensamos que é máis necesario ca nunca levar adiante todo o aprobado na nosa moción, motivo polo que lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:
1. Está elaborado xa o informe ó respecto por parte da Policía Local?
2. Púxose en contacto coa COTOP para recabar información sobre as posibles medidas de seguridade a adoptar nas beirarrúas?
3. Ten pensado crear a comisión tal e como se aprobou por unanimidade ou teremos que esperar outro ano e medio?
4. En caso afirmativo, cando pensa facelo?