CADERNOS DA VIAXE. A CUP catalá ven de rexeitar a investidura de Màs, malia que a metade dos votos da súa asemblea de Sabadell do domingo pasado foran a prol desta decisión. A abstención dos cupaires impediría que os 62 deputados de Junts per el Si invistan ao até de agora president. Haberá novas eleccións en Catalunya o 5 de marzo.
As democracias avanzadas baséanse nas liberdades, na xustiza social, en tecer consensos, na transparencia, na participación cidadá, na inclusión e na cohesión social. Na democracia avanzada “o pobo é quen máis ordena” e a boa gobernanza tenta construirse coa cidadanía, dende a cidadanía e para a cidadanía.
Mais en último de contas, sexa dende posicións indepes, fór dende o autonomismo, federalismo ou confederalismo, a política trata de regras de xogo e de Institucións, trata da gobernanza. Un pode estar máis ou menos dacordo-ou en desacordo- co proces, mais do que trata é de construir unha República, nonsí?. E velaí o grave erro da CUP, que xa diagnosticou no pasado debate da investidura Pilar Rahola, porque parte substancial desa organización anticapitalista non quere construir novas Institucións de goberno, instalados nun certo aquel de anarquismo que afunde as súas raíces na poderosa CNT-FAI da II República. Mesmo hai nesa organización quen olla con superioridade a vontade de construir pactos e de cumprir unhas regras de xogo. O anticapitalismo foi quén de vencer a construción nacional. Pero xa verán como non van facer mañá a revolución.
As eleccións de marzo serán letais, en primeiro lugar, para a CUP. Esquerra (ERC) vaille papar, soa ou na coalición Junts per el Si boa parte do seu electorado, consciente da ledicia coa que esta votación da CUP foi recebida nos partidos unionistas. E outra boa parte migrará cara a coalición de ICV, EUiA, Podemos e o partido de Ada Colau (Barcelona en comú). Antonio Baños, número un cupaire nas eleccións do 27-S, xa anunciou a súa demisión. Outros, como Julià de Jòdar poderían ser os seguintes.
E o procès leva un duro golpe. A declaración unilateral de independencia fica máis lonxe ca onte e semella que a bandeira da consulta catalá podería ser a nova referencia das forzas de Junts per el Si, das que non sabemos se concorrerán xuntas ou por separado, como de certo non o saben arestora nin Màs nin Junqueras.
Xoán Antón Pérez-Lema





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



