Viveiro, 25 de febreiro de 2016.- O obxectivo da presente nota é explicar os trámites levados a cabo polo Concello de Viveiro para solventar as deficiencias detectadas no inmoble sito na Praza Maior, 9, Viveiro.
O 20 de xaneiro de 2014 incoouse un expediente de orde de execución para a limpeza do canalón do edificio, consolidación e apuntalamento de cuberta e retirada de pezas soltas con risco de caída á vía pública. Este expediente finalizou con Resolución de Alcaldía de data 15 de xaneiro de 2015 ordenando á Axencia madrileña para a tutela de adultos (como titores da propietaria) a execución de varias actuacións.
O 11 de febreiro de 2015, a Axencia madrileña para a tutela de adultos comunica a defunción da propietaria e explica que descoñece quen son os herdeiros.
O 29 de setembro de 2015 solicítase do Rexistro de Propiedade nota simple da finca para investigación xurídica da titularidade.
O 3 de novembro de 2015 o Rexistro da Propiedade de Viveiro expide nota simple informativa , no que consta que a titularidade rexistral do inmoble se corresponde con propietarias anteriores ás titulares catastrais, falecidas nesta data). Descoñécense, polo tanto, os propietarios actuais.
O 11 de novembro de 2015, os Servizos técnicos municipais emiten informe poñendo de manifesto a situación actual do inmoble e o perigo inminente que supón; na mesma data emítese informe xurídico e proposta de resolución e dítase resolución pola Alcaldía ordenando a incoación de oficio do procedemento de orde de execución e a notificación aos interesados mediante publicación do acordo no BOE por resultar descoñecidos os interesados.
O 16 de novembro de 2015 remítese a Patrimonio solicitude de informe previo á resolución do procedemento, por encontrarse o inmoble no ámbito de protección da Porta de Carlos V.
O 30 de novembro de 2015 recíbese informe favorable de Patrimonio.
O 19 de xaneiro de 2016 envíase ao BOE o anuncio de incoación do expediente, que se publicou no BOE o 22 de xaneiro, sen que houbera alegacións.
O 10 de febreiro de 2016 esta Alcaldía dita a resolución do procedemento e ordenase a publicación no BOE, que foi publicado o 16 de febreiro actual.
O 17 de febreiro dítase resolución de Alcaldía ordenando a execución subsidiaria das obras, o inicio do procedemento urxente para seleccionar unha empresa, solicitar autorización xudicial para a entrada ao inmoble e a publicación no BOE.
O 19 de febreiro solicítase autorización ao Xulgado Decano (Contencioso-Administrativo) de Lugo para entrada ao inmoble, sendo requiridos para que se inicie o recurso pola representación procesal da administración. A dilixencia de ordenación e ecomenda de defensa xa está enviada aos letrados da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo para praticar as dilixencias oportunas.
O 22 de febreiro ordénase ao Servizo de Contratación a iniciación do procedemento urxente para seleccionar unha empresa e á Intervención municipal a retención de crédito. O mesmo día envíase anuncio ao BOE.
Este xoves, 25 de febreiro de 2016, publicouse no BOE o anuncio de execución subsidiaria.
Esta relación de feitos vén a demostrar que os trámites para a subsanación desta situación se veñen desenvolvendo dende hai tempo, seguindo os trámites legalmente establecidos e esperando que á maior brevidade posible se poida actuar sobre o devandito inmoble.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



