Burela, 12 de febreiro de 2016.- Na mañá deste venres tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a presentación do primeiro libro de Macarena Ledo Vázquez, alumna de 2º de Bacharelato do IES Perdouro. Abriu o acto o señor director do centro educativo, retratando o carácter polifacético da autora principiante (ademais de ser alumna de 2º de Bacharelato, Maka adica o seu tempo libre a ser actriz de teatro, locutora de radio, monitora de tempo libre, blogueira e escritora). Fixo mención aos seus múltiples premios literarios de índole local, nacional e incluso internacional. A continuación tomou a palabra Mónica Filgueira Formoso, artista ourensá, quen foi a encargada de ilustrar a portada e contraportada de “Nefelibata”. Fixo da relatora novel unha presentación chea de emocións e poesía. Logo, Macarena Ledo explicou o significado de “Nefelibata”, título da súa obra acorde coa súa personalidade. O seu primeiro libro que recolle 70 relatos curtos dividos en 3 partes naceu da sorpresa coa que quixo agasallar os seus familiares e seres queridos nas pasadas festas navideñas. Quedaron moitas cousas por contar máis xa se sabe que o vindeiro venres 26 de febreiro ás 20h15 na libraría Nobel de Burela, Maka Ledo presentará novamente ao público “Nefelibata”.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



