Burela, 12 de febreiro de 2016.- Vista Alegre será o escenario do partidazo entre o Burela Pescados Rubén e o AD Alcorcón FSF, duelo correspondente á xornada 18 de Primeira División e que tamén se poderá seguir en directo vía streaming na sección multimedia de www.burelafs.org. Burela e Alcorcón, segundo e terceiro clasificado respectivamente, afrontan o reto de manter o pulso co líder, Atlético Féminas Navalcarnero (46 puntos), que distancia en dous puntos ás burelistas e en catro ás alfareras que si caen no feudo laranxa perderán demasiado terreo na loita polo título liguero.
O Burela Pescados Rubén chega a esta cita con ánimo de conseguir a súa sexta vitoria consecutiva, manter o pleno de vitorias en Vista Alegre e seguir axexando o liderato colchoneiro. Para iso deberá dar conta dun Alcorcón que se presenta no feudo burelés con todo o seu arsenal agás Cristina Llanos por unha rotura fibrilar. Polas filas laranxas causan baixa Shio e Emma, operadas por lesión, e Jozi que fracturou o cúbito e radio do seu brazo esquerdo no adestramento do xoves pola tarde. Lucas lamenta a baixa da porteira brasileira xa que “supón un duro golpe para o colectivo pero debemos sobrepoñernos e afrontalo con entereza e espírito de equipo”. Respecto ao duelo ante as madrileñas agarda que “sexa un partido de ritmo alto no que debemos ser moi intensas na presión para impedir que xeren xogo con facilidade e estar moi concentradas en evitar as súas contragolpes”. Das alfarereiras destacou a importancia de “Belén que é unha referencia na portería e Anita Luján como canalizadora do seu xogo ofensivo, son xogadoras que marcan diferenzas aínda que o Alcorcón é un equipo con moita calidade en todas as súas xogadoras”. Do seu equipo indicou que afrontan o partido “coa mentalidade gañadora de sempre e conscientes do noso potencial. Estamos traballando moi ben e con confianza nas nosas posibilidades, o noso obxectivo é sumar os tres puntos”.
Convocatoria
CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany 5. Claudia 7. Peque 9. Gaby 10. Lara 11. Ceci 13. Andrea 14. Bea Mateos 15. Judith 17. Maite 31. Eva
Baixas: 1. Jozi, fractura do cúbito e radio do brazo esquerdo. 8. Emma, operada de rotura de ligamento cruzado anterior no xeonllo esquerdo 18. Shiori, operada de rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.
AD Alcorcón FSF: 1. Belén 3. Aída 5. Vadillos 6. Isa García 7. Rosana 9. Natalia
10. Desirée 14. Orive 15. Miriam 20. Anita Luján 33. Pitu
Baixa: Cristina Llanos, por unha pequena rotura fibrilar.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
