Burela, 26 de febreiro de 2016.- O Burela FS Pescados Rubén saltará este sábado ao seu mausoleo, na 22ª xornada de Primeira LNFS para medirse ao Catgas E. Santa Coloma nun duelo que promete moita emoción, entre rivais directos para o play off e como aperitivo da Copa de España Guadalajara 2016. O encontro poderá seguirse en directo a través de lnfsdirecto.com (18.30 horas).
Os de Daniel Ibañes pelexarán por manter a boa racha das últimas xornadas defendendo a sétima praza (27 puntos) fronte á oitava dos cataláns (25 puntos). “Faltando tan pouco para a Copa, este partido será, sen dúbida, un bo termómetro para Guadalajara; seguro que será un partido bonito” reflexionaba o técnico do Pescados Rubén, facendo fincapé á boa etapa que está vivindo o conxunto irmandiño, clasificado esta semana para a final da Copa Galicia tras impoñerse ao Cidade de Narón (2-5): “Estamos nunha boa etapa de resultados e de xogo, pero o que é máis importante, desde Zaragoza, demos un paso adiante, demostrando que estamos aprendendo a competir”, explicaba o adestrador.
Xunto ás ausencias dos lesionados Matamoros e Iago Míguez, será dúbida Chino, que xa non puido disputar o partido de Copa Galicia esta semana por unha contractura na coxa. No partido de ida, con vitoria para os laranxas por 5-8, precisamente o 20 burelista 5 dos tantos visitantes.
O CD Burela Pescados Rubén realizará na tarde deste xoves a última sesión da semana (16.00 horas).
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén (provisional): 1. Edu, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino (dúbida), 23. Antoñito, 30. Hélder
Convocatoria Catgas E. Santa Coloma: 3. Fabián, 4. Pablo del Moral, 5. Rubén, 7. Adolfo, 8. Dani Salgado, 10. Sepe, 12. Corvo, 13. Rangel, 17. Rafa López, 21. Didac, 31. Prieto