Lugo, 26 de febreiro de 2016.- O Presidente, Darío Campos Conde, inaugurou este venres a xornada informativa sobre o proxecto “Optimización na xestión de residuos”, que pon en marcha Deputación e Eixo Atlántico para mellorar este servizo nos Concellos. Campos Conde convidou aos 67 municipios a sumarse a esta iniciativa, que é totalmente gratuíta para eles, e que arranca coa elaboración dun minucioso estudo sobre esta prestación en cada un dos Concellos.
Hoxe a Xunta de Goberno xa aprobou o protocolo de colaboración para que se adhiran os municipios, e que recibirán nos vindeiros días. Poden obter máis información no departamento de Medio Ambiente da Deputación ou chamando ao 982-22-78-12.
Para realizar o estudo, técnicos da área de Medio Ambiente da Deputación e da Axencia Ecolóxica Urbana do Eixo Atlántico avaliarán indicadores do servizo de xestión de residuos, como por exemplo os económicos, organizativos, sociais ou medioambientais. Estes profesionais desprazaranse aos municipios e estarán en continua comunicación cos mesmos para recabar toda a información.
“Con isto, queremos conseguir ter a primeira “radiografía” do servizo de xestión de residuos nos Concellos da provincia, subliñou Campos Conde. En base a este estudo, Deputación e Eixo Atlántico farán propostas para reducir custos aos Concellos pola xestión de residuos e ofrecer un servizo máis eficiente aos veciños, así como máis respetuoso co medioambiente de cara a cumprir coa Directiva Marco sobre residuos de 2020.
“Como Alcalde que son, sei de primeira man que a xestión de residuos é unha das prestacións máis custosas para os Concellos, ademais de ser un servizo imprescindibles para os nosos veciños, que require de melloras en todos os sentidos. Por iso, unha das miñas prioridades como Presidente da Deputación, é ofrecervos todas as vías de colaboración que sexan posibles nesta materia”, remarcou.
Na xornada informativa participaron a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo; Manuel Rodríguez, Técnico do Eixo Atlántico, así como Alcaldes e tecnicos municipias da provincia.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



