Burela, 26 de febreiro de 2016.- O Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro de Burela organizou como complemento formativo un obradoiro de tendencias en corte de cabelo e coloración capilar destinado ao seu alumnado do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar.
Dous técnicos do equipo artístico da casa comercial “Hair Concept” visitaron o taller de Imaxe Persoal do centro burelés para achegar ás técnicas máis actuais e vanguardistas do momento. Estos profesionais que contan cunha experiencia artística de máis de dúas décadas, viaxaron desde Barcelona para ensinar o método de asesoramento técnico que desenvolven dentro do seu equipo. Ademais os alumnos do Ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar aprenderon técnicas de corte de cabelo con metodoloxía depurada ao estilo máis británico que levaron á practica. Os técnicos ensináronlles técnicas procedentes do legado “Vidal Sassoon”, quén fixo revolucionar e evolucionar a profesión do peiteador con cortes xeométricos e simplistas na década dos 80 inspirado no movemento “bauhaus” e que mantén escola inglesa avanzada onde técnicos como os que visitaron o IES Perdouro seguen a especializarse. Remataron os cortes de cabelo con cores de fantasía da firma HC.
O departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro aposta por estar en contínuo contacto cos profesionais do sector para que estas actuacións formativas contribúan a mellorar o talento e creatividade do seu alumnado do Ciclo Medio de Peiteado e cosmética capilar, un valor engadido para o seu desenvolvemento profesional.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



