02, feb, ’16.-O portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, aseguraba este martes en declaracións aos medios de comunicación, trala celebración da Xunta de portavoces, que “só o Partido Popular está disposto a ceder escanos nas primeiras filas do hemiciclo”. O GPP cederá tres escanos na primeira fila, tres na segunda, catro na terceira e así sucesivamente.
Barreiro explicou que con esta cesión contribúese “a reflectir a pluralidade dos grupos parlamentarios que hai na Cámara” e instou ao Partido Socialista a actuar con responsabilidade e facer o mesmo. O reparto final de escanos decidirao a Mesa do Senado nos próximos días, unha vez que os grupos con representación parlamentaria alcancen un acordo.
O portavoz do GPP tamén se referiu ao número de membros da Deputación Permanente; estará integrada por 35 senadores dos cales 19 pertencen ao PP, 9 ao PSOE, 3 a Podemos e 1 a cada un dos grupos restantes.
José Manuel Barreiro recordou que o PP ten 143 dos 266 senadores que compoñen a Cámara, é dicir, case o 54% do total. Desta forma, a representación dos grupos na Deputación Permanente estaría condicionada polo número de senadores que ten cada grupo.
Neste sentido, Barreiro pediu que non se falseen os datos de representatividade da Cámara, en referencia ás declaracións do representante de Podemos, que mostrou a súa disconformidade co resultado do reparto. O portavoz popular asegurou que “algúns pretenden vestir a realidade de maneira que non se corresponde co sistema de elección no Senado” e recordou que “non é bo descoñecer a realidade da Cámara na que traballas”.
En canto á constitución das Comisións, explicou que estarán formadas por 27 senadores, dos que 14 corresponden ao PP, 7 ao PSOE, 2 a Podemos e 1 a cada un dos restantes grupos. Barreiro destacou que o GPP solicitou aumentar en 1 o número de membros, ata os 28, para que o Grupo Popular poida dispoñer de 15 senadores, atendendo aos criterios citados de representatividade.
Finalmente, en resposta ás preguntas dos xornalistas sobre a situación da senadora Rita Barberá, José Manuel Barreiro deixou claro que é unha cuestión “que se circunscribe ao ámbito municipal e que non ten que ver coa súa actividade no Senado”. Ademais, subliñou que Barberá dará as explicacións oportunas e que, en calquera caso, o Partido Popular será sempre “contundente” cos casos de corrupción.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



