O grupo de montaña do Club Marqués de Casariego organiza unha cea-baile de aniversario que se desenvolverá o sábado 27 de febreiro ás 22.00 horas no restaurante El Álamo (Tapia) amenizada pola discoteca móbil Mourelle. O menú constará de paté, pementos recheos de bacallau, pescada á galega, cachopo de carne, torta de turrón xeada, viños tinto Rioja e branco Alvariño, café e licores. O prezo é de 22 euros para non socios, 20 para socios maiores de 10 anos e 15 euros para nenos e nenas menores de 10 anos. Os interesados poden retirar as tarxetas no propio restaurante ata o xoves 25 ou reservalas nos teléfonos 608 450 828, 659 000 707 ou 689 175 515. As prazas son limitadas.
Cea-baile do grupo de montaña Marqués de Casariego
Cea-baile do grupo de montaña Marqués de Casariego
Relacionado
-
O Concello de Cervo clausura o curso das Escolas Deportivas Municipais Infantís
-
Inauguración este venres en RegalXunqueira da exposición “Acuaño”, pinturas en acuarela de Ricardo Aller de Dios
-
Un numeroso grupo de persoas sumouse esta fin de semana á Andaina Solidaria da Mariña organizda pola UPA de Viveiro