O pentatleta viveirense Cristóbal Rodríguez, asinaba este xoves na semifinal da Copa do Mundo Elite do Cairo unha extraordinaria actuación ao conseguir a clasificación para a final do domingo onde estarán os 36 mellores dos 108 participantes de máis de 39 países representados.
Rodríguez marcaba unha boa actuación en natación, aínda que non estivo na súa mellor marca. Pero, en esgrima realizaba unha sobresaínte competición ao ocupar a novena posición final empatado co sexto, sétimo e oitavo, cun total de 20 combates gañados e 229 puntos que o situaban no oitavo posto de saída para a proba combinada das disciplinas de carreira e tiro. Nun duro circuíto de cross ao que adoita estar máis afeito o deportista galego marcaba un dos seus mellores rexistros que a metían directamente na gran final.
Nesta proba, Rodríguez recoñece ter sufrido moito pola súa dureza tras doce horas de competición que outorga puntos para o ranking olímpico.
O Mestre Villadóniga, con quen tecnifica esgrima, e Omar González, adestrador do CGTD de Pontevedra onde esta temporada adestra Cristóbal Rodríguez, mostrábanse satisfeito pola evolución do seu pupilo que se atopa concentrado desde o 2 de xaneiro no “CAR” de Sant Cugat como membro do Equipo Olímpico Español desde onde se despraza ás diferentes citas internacionais.
* Foto: cedida pola Federacón Internacional.