O Valadouro, 17 de febreiro de 2016. Eduardo Chao, primeiro Tte. de Alcalde e concelleiro de Obras no concello do Valadouro visitou as estradas de competencia provincial LU-P-0101 e LU-P-6306, a primeira delas une a localidade de Ferreira e Abadín e permanece cortada desde principios de mes por un derrube do terreo que non foi reparado. Débese ter en conta que a veciñanza da zona do Cadramón, que se ve obrigada a dar un rodeo de máis de 20 minutos para poder desprazarse á capitalidade municipal pola estrada tamén de competencia provincial LU-P-6306, nun estado lamentábel. O concelleiro nacionalista dirixiuse por carta ao Departamento de Vías e Obras urxindo solucións urxentes para estas dúas vías competencia da Deputación de Lugo.
Eduardo Chao visita á zona para comprobar in situ o estado das vias provinciais LU-P-0101 e LU-P-6306
Eduardo Chao, visitaba este martes a parroquia do Cadramón, logo de recibir queixas da veciñanza ao ver que a maquinaria da empresa encargada pola Deputación para o mantemento destas vías abandonaba a zona sen resolver os problemas na LU-P-0101 que está cortada e está a causar importantes problemas para a xente da zona para comunicarse coa capitalidade municipal onde están a maioría dos servizos, tamén co resto da comarca onde lembrou, se ven obrigada a desprazarse por motivos laborais e mesmo sanitarios para acudir ao Hospital da Costa. “Non pode ser que desde o 11 de xaneiro exista un problema así que por riba se agravou co corte da estrada o 10 de febreiro e de momento non se aclare cando vai quedar arranxado”, afirmou Chao.
Reclamación por carta ao departamento de Vías e Obras para reclamar solucións urxentes aos problemas de comunicación da xente do Cadramón
O Concelleiro de Obras despois de visitar a zona e estar coa veciñanza, reclamou por escrito ao departamento de Vías e Obras da Deputación, solucións urxentes non so para a LU-P-0101 que comunica Ferreira e Abadín, tamén para a LU-P-6306, usada como vía alternativa pola veciñanza do Cadramón para comunicarse con Ferreira e coa zona norte da comarca, que lles supón mais de 20 minutos de atraso por unha estrada que ademais está nun estado lamentábel fundamentalmente polas sacas de madeira.
O portavoz nacionalista reclamou solucións mediante a habilitación de partidas económicas ao ente provincial que permitan non so recuperar o firme da estrada LU-P-0101, senón tamén as melloras necesarias na vía LU-P-6306, actualmente, en moi mal estado.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



