Lugo, 8 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, anuncia que creará xuntas comarcais cuxa composición será escollida en elección directa por todos os militantes. Solicitará autorización á Xunta directiva do PPdeG –como marcan os estatutos- para convocar sete congresos comarcais (Lugo, Terra Chá, Monforte, Chantada, Sarria, A Mariña e A Montaña) nos que cada afiliado escollerá un presidente e á súa executiva.
Candia explica que deste xeito se lle dará nova vitalidade ás estruturas comarcais do partido. “Unha das propostas que queremos trasladar aos nosos afiliados –e que responde tamén a moitas das demandas que nos fixeron chegar desde o distintos concellos para mellorar a noso funcionamento interno– é dar unha nova vitalidade ás estruturas comarcais do Partido Popular”.
Máis participación, máis dinamismo
A ex presidenta da Deputación considera que esta pode ser unha modificación fundamental para facer un partido máis dinámico, máis participativo, ao tempo que moito máis operativo, respectando sempre as estruturas locais xa existentes e a súa autonomía de funcionamento.
Elena Candia abunda nas vantaxes que tería esta estrutura comarcal. “Permitirá que gañemos en participación: A elección directa polos afiliados dos coordinadores e o funcionamento periódico das estruturas comarcais supón un avance notable na súa implicación na vida interna do partido”, explica.
En segundo lugar, permitirá gañar en transparencia. “Os afiliados serán protagonistas en primeira persoa no proceso de toma de decisións e, estas estruturas son ideais para que os distintos cargos poidan dispoñer dun foro directo para explicar a xestión nas distintas administracións e, polo tanto, realizar a correspondente rendición de contas”.
A terceira das vantaxes sería a de conseguir un partido máis pegado ao seu territorio. “Son estruturas ideas tamén para a coordinación, valoración, debate e proposta de iniciativas, porque moitas veces hai asuntos que transcenden o ámbito local e que merecen a nosa atención”, engade.
O afiliado debe recuperar o protagonismo
A candidata precisa que non se trata de crear máis órganos de dirección, pois os coordinadores comarcais xa existen, pero neste caso serán os afiliados os que, de xeito directo, escollan aos integrantes da súa Xunta Comarcal, incluído o presidente.
“Os afiliados esixen renovación e cremos que cando o demandan están pensando en pasos coma este que contribúen a acadar novas ideas, novos equipos e máis participación. Estannos reclamando cambios nas formas de facer política, nas actitudes no propio discurso político cunha única finalidade: manter e incrementar o respaldo cidadán que de sempre ten caracterizado ao noso partido, e que o converteron na primeira forza política nesta provincia”, indica.
Así, estas novas estruturas comarcais permitirá consensuar con eles, en primeira persoa, cara a cara, cales deben ser as liñas de actuación das administracións nas que temos presenza institucional e os nosos programas para este ano electoral. O afiliado debe recuperar o protagonismo e por iso imos multiplicar os procesos de participación para facer un PP máis aberto e plural.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



