Cervo, 8 de febreiro de 2016.- Tralo último pleno ordinario do Concello de Cervo celebrado na tarde noite do venres, os membros do Grupo Municipal Socialista desvelaron que as obras do paseo peonil de Sargadelos seguen sen estar comprometidas, “o alcalde, Alfonso Villares, e a expresidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia, o único que fixeron foi facerse unha fotografía firmando un protocolo de colaboración e vendelo a bombo e platillo na prensa pero ditas obras non aparecen presupostadas na relación de convenios que firmou o PP cando gobernaba o ente provincial nin reflexadas en partidas orzamentarias”.
Durante a sesión plenaria, os socialistas subliñaron que “o único que foi facer o señor alcalde a Lugo foi sacar unha fotografía coa expresidenta provincial e firmar un protocolo de boas intencións. Simplemente iso, boas intencións, porque os 270.000 euros dos que presumiron no seu día non están reflexados entre os 1,1 millóns de euros que a señora Elena Candia deixou repartidos antes da moción de censura que lle daría o goberno provincial ao actual bipartito”.
A mellora do paseo entre a zona do Paraño, en Cervo, e o Conxunto Histórico-artístico de Sargadelos nunca lle preocupou ao señor Villares, “ante a demanda dos veciños sempre fixo oídos xordos. Foi a Deputacion Provincial en anteriores lexislaturas quen deu resposta á solicitude dos veciños colocando os puntos de luz reclamados. Coa obra feita, volveu a facer caso omiso dos cervenses e negouse a poñer en servizo os puntos de luz instalados. A súa resposta segue sendo quen os puxo que os enganche”.
Iso sí, parece evidente que as prioridades do señor Villares son outras pois “sí comprometeron e deixaron ben atada unha aportación de 92.637€ da Deputación de Lugo para unhas pistas de pádel presupostadas en 160.872€ e para as que o Concello deberá de aportar os 68.235€ restantes”.
Os socialistas de Cervo pregúntanse “a qué xoga Alfonso Villares coas obras do paseo de Sargadelos, ¿considéraas verdadeiramente unha necesidade para os veciños ou utilízaas simplemente como ferramenta de enfrontamento co ente provincial cando a Deputación está gobernada por outra cor política? Ao que xa nos teñen acostumados”.
Agora que o Partido Popular non goberna o ente provincial “sí lle cambiaron as prioridades, agora que non están os seus afines é cando demanda as cantidades das obras máis necesarias. Non vaia ser que antes metera aos seus compañeiros de partido nun compromiso. Esta actitude non é seria, isto é utilizar demagóxicamente as institucións públicas para sacar rédito político”.
Accesos ao Polígono de Cuíña, máis teatro
O acondicionamento dos accesos ao Polígono de Cuíña foi outra das cuestións da orde do día do pleno, outra obra relevante para o Concello coa que xoga o señor alcalde, “en execución cando gobernaba na Deputación o PP e financiada polo Goberno Central, a Xunta de Galicia e a Deputación, paralizárona porque a varios amigos seus non lles conviña, deixaron caducar os fondos que estaban destinados para a mesma e agora quere recuperar o traballo desfeito por eles mesmos esixindo todas as competencias á Deputación”.
Dende o GMS deixaron ben claro no pleno que “apoiaremos por suposto calquera mellora que revirta beneficios para os veciños pero o que non podemos consentir é que o alcalde trate aos veciños de tontos, só venda fume e boas intencións que non serán realidade e utilice certas necesidades do Concello como instrumento de confrontación coas administracións que non gobernan os seus compañeiros de partido”.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



