Lugo, 18 de febreiro de 2016.- A candidatura que encabeza Elena Candia e Ramón Carballo anunciou este xoves que deseñará e porá en marcha unha a nova aplicación (APP) dirixida a manter unha “comunicación instantánea” cos seus militantes a través do teléfono móbil, de maneira que afiliados e partido “poidan estar conectados 24 horas ao día, sete días á semana”.
Así o explicou a candidata, quen explica que este novo mecanismo terá un formato “didáctico” en aposta “dunha nova fórmula de comunicación coas bases que non só sexa máis directa, senón tamén máis entretida e efectiva”.
A aplicación permite ao militante trasladar suxestións, recibir noticias de actualidade, coñecer a axenda de actos e actividades, participar activamente na vida da formación, recibir avisos das convocatorias e acceder aos documentos e o material multimedia do partido.
A candidata á presidencia do partido explicou que se está avanzando “un novo partido máis aberto, máis directo, máis participativo e moito máis transparente de entender o partido na provincia de Lugo”.
Elena Candia destacou que a súa formación segue “dando pasos adiante”, porque “o PP require novos xeitos de facer as cousas”. “En conxunto, considero que esta ferramenta servirá para abrir o partido e, sobre todo, para que todas as voces sexan escoitadas”, sinalou a candidata, quen tamén engadiu que a finalidade debe ser “que ningunha queixa, ningunha proposta nin ningunha suxestión se quede no tinteiro”.
A posta en marcha da aplicación enmárcase dentro da campaña de proximidade e participación que a candidatura popular inclúe dentro das súas propostas programáticas.