A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras do Concello de Cervo organiza unha festa do Entroido no Pavillón de San Román de Vilaestrofe o sábado 13 a partir das 10.30 horas. Haberá desfile e concurso con premios en metálico 435 euros para as categorías infantil -individual, parellas e grupos- e 1.105 para os adultos -individuais, parellas, grupos, comparsas e charangas-. O grupo Fénix poñerá música a esta festa. Colabora o Concello de Cervo e a Asociación de Montes Veciñais de San Román. Este ano, como novidade, pódese realizar a inscrición anticipada no teléfono 672 217 155.
Entroido das Espalladoras en San Román
Entroido das Espalladoras en San Román
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”