Burela, 5 de febreiro de 2016.- Os concelleiros de Turismo, Mar e Festexos, Ramiro Fernández, Patricia Otero e Ramón Vázquez, viaxaron ata Ourense para facer promoción de Burela en Xantar. Estiveron acompañados polo presidente da Acia local, Rubén Pinín.
Nesta Salón Internacional de Turismo Gastronómico este venres celébrase o día do mar. Por este motivo o Concello, coa colaboración de Absa, organizou unha degustación de bonito e de pescada, dúas das especies que capturan os barcos do porto burelés. O balance que realizan os edís desprazados a Ourense é moi positivo: “a degustación estivo chea de xente. Tivo boa aceptación e os produtos gustaron moito”.
Ramiro Fernández insistiu en que “o Concello de Burela tentará facer unha aposta por este tipo de feiras, xa que son eventos nos que entendemos que poderemos chegar mellor á xente que nos visita e que segundo as enquisas se trata de turistas da propia Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid. Estas serán as zonas onde debemos de poñer o maior empeño na nosa promoción turística, xa que as estatísticas que manexamos así o indican”.