A Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela contará a partir do vindeiro martes, 2 de febreiro, coa exposición fotográfica da artista Anna Katharina.
Anna Kataharina, nada en 1981 en Kaufbeuren, Alemania. Licenciada en arte na modalidade de pintura en cerámica e vidreiras polo Instituto Beruffachschule Für Glass Und Sxhmuck Neugablonz no ano 2000.
Segundo explican dende concellería de Cultur, “ten feito cursos en Sargadelos e ten participado activamente en concursos e exposicións de pintura pola Mariña. Experta en pintura corporal, na que ten acadado distintos premios. É amante da música e estuda saxofón. Nestes intres decantase pola fotografía cunha marcada preferenza pola paisaxe e a natureza cun dominio da luz e da cor”.
A exposición permanecerá aberta ata o videiro xoves, 25 de febreiro en horario de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.