Foz, 18 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Seguindo a estrada das praias dende a Rapadoira, pasando por Llas, e Peizás chegamos ó Cámping San Rafael, alí podemos coller a estrada que nos levaría á praia da Pampillosa en Fazouro, unha estrada mui utilizada por numerosos veciños e veciñas así como visitantes que se atopa nun estado lamentable con importantes fochancas e remendos ó longo do seu traxecto, é tal o mal estado do seu firme, que está a provocar que a xente que a utiliza vaia facendo un novo paso de vehículos polo arcén. Unha estrada que leva neste mal estado xa un bo número de anos.
Por todo o anteriormente exposto e os veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Alcalde de Foz e ó seu equipo de Goberno repare o firme desta estrada definitivamente o antes posible pensando que estamos ás portas da Semana Santa e o noso Concello recibe numerosas visitas, e non podendo ser antes se incluía unha partida nos presupostos municipais do ano 2016 para a súa realización.