Burela, 11 de febreiro de 2016.- O barco museo Reina del Carmen atópase de novo no peirao burelés, despois de pasar varias semanas no varadero, onde foi sometido a unha importante reparación. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que dentro duns días publicaranse as bases para a contratación da persoa que traballará no barco ao longo dos vindeiros meses. Realizará as visitas guiadas e tamén algunhas tarefas de mantemento.
O edil socialista explicou que “o Reina del Carmen xa está reparado, está no peirao e vamos empezar coas visitas outra vez en breve. Será coas que se concerten a través do Punto de Información Turística do Concello. Tamén en breve imos sacar a praza para o barco museo e esperamos que neste mes estean as bases listas e se inicie o proceso para cubrir a praza dunha persoa que estea alí e faga tanto o mantemento diario como a recepción de visitas xa dunha maneira estable, como ten que ser”. Fernández Rey lembrou que “esta praza non a sacara o anterior goberno municipal, non sabemos por que, pois a pesar de estar no plan de axustes ao ser unha praza que estaba contemplada nos presupostos si que se podía ter sacado, pero eles decidiron contratar a unha empresa privada, non sabemos o motivo, pero nos saía moito máis caro evidentemente; e incluso a persoa que estaba alí contratada por este método chegou a estar nunha situación xurídica complicada, posto que houbo momentos, nos últimos meses, nos que non tiña contrato. Non queremos pensar o que podería pasar se chegara a ter un accidente alí ese home ou as implicacións que podería ter para o Concello esa situación”.
Sobre a reparación o que foi sometido o barco museo Reina del Carmen e que suporá un investimento de preto de 30.000 euros o concelleiro de Turismo dixo que “temos a disposición da Deputación para axudarnos a pagar a reparación do barco, que foi moi importante. O día 14 de xaneiro dirixinme ao departamento de Turismo da Xunta para manter unha reunión con eles e falar sobre este tema, concretamente para saber que axuda nos podían dar para a reparación do barco, e a día de hoxe aínda estamos esperando unha contestación ao correo electrónico que lles enviei. Xa que a oposición ten tanto interese en xuntarse con xente da Xunta e facer unha especie de goberno alternativo agradeceriámoslle que axilizaran esta reunión para que efectivamente se vira que a Xunta se implica con Burela, que nos recibe e que nos dá unha axuda para esa reparación, que quero recordar que é unha reparación moi importante, que vai roldar os 30.000 euros. Esta é unha cantidade moi importante e evidentemente o Concello non ten capacidade para asumir, se non chega a ser polo compromiso que fixo a Deputación de maneira verbal, xa que aínda non ten os presupostos aprobados. Pero si temos o compromiso de que nos van axudar; entón que menos que esperar que a Xunta de Galicia, tendo en conta que o turístico é un sector que está en auxe na comarca, tamén se implique un pouquiño botándonos unha man económica no tema da reparación”.
Ramiro Fernández engadiu que “vamos seguir insistindo para deixar o barco o mellor posible. Xa que o máis urxente témolo solucionado, que é a flotabilidade, vamos seguir analizando a maneira de buscar financiamento para acondicionar elementos de interior do barco, como poden ser sistemas eléctricos, mecánicos ou de habitabilidade que precisan reparacións que se poden reparar no peirao, sen necesidade de subilo ao varadero”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



