Lugo, 18 de febreiro de 2016.- O Bloque participou ná maña deste xoves na viaxe en tren entre os concellos de Lugo e Monforte, organizada pola Plataforma Lugo… Non perdas o tren para esixir ao Goberno Estatal que as comarcas da provincia de Lugo dispoñan dunha infraestrutura ferroviaria adaptada as necesidades de mobilidade persoal e loxísticas do século XXI.
O BNG defende que debe ser prioritario a adecuación do número de frecuencias horarias tanto na Liña Palencia- A Coruña coma na liña FEVE da Mariña, neste senso, o deputado nacionalista, Antonio Veiga, resaltou que “é imposible, que coas catro frecuencias horarias existentes na actualidade na Liña FEVE, facer compatíbeis os horarios laborais e mesmo a asistencia a citas no Hospital da Costa”. Así mesmo reclamou máis número e mellor horario de frecuencias nas viaxes que trascorren pola Liña Palencia- A Coruña, centrándose estas melloras sobre todo nas viaxes entre o sur e o centro da provincia así coma na comunicación coa provincia de A Coruña.
O Bloque Nacionalista Galego instou tamén a realización por parte do Goberno estatal de investimentos na mellora da seguridade das vías que afectan a provincia, por exemplo, a eliminación dos pasos a nivel de Parga e Guitiriz ou o da Estación de A Pobra de Brollón, para o cal xá se dispón de proxecto pero non se executa, Antonio Veiga, trasladou tamén a “necesaria realización de apeadeiros, coma por exemplo, nas proximidades de Alcoa que permita nun futuro e coas frecuencias axeitadas o seu uso polo cadro de persoal”.