As condicións meteorolóxicas deste domingo 14 de febreiro marcaron o partido entre o Ribadeo e o Ribadumia no Pepe Barrera. Menos público do que é habitual nas gradas e máis problemas para desenvolver o xogo sobre o terreo.
Con todo, os celestes lograban visitar a área rival durante a primeira media hora de xogo. Despois, Changui, poñería en marcha o marcador para os visitantes aproveitando un mal despexe local e cun penalti que supoñía a expulsión de Borja dos Santos.
Os erros na segunda metade dos de Germán e Fiz, que realizaban dous cambios á saída do vestiario: Iván González e David Rodríguez, permitía ao Ribadumia poñer o 0-3. Pero, aínda que Rafa Casanova batía a rede dos visitantes, de novo Changui anotaba dende os 11 metros para colocar o definitivo 1-4.
O Ribadeo continúa na zona baixa da táboa con 22 puntos a 6 da salvación. A vindeira semana visita ao Barbadás que vén de rexistrar 3 derrotas consecutivas.