Lugo, 3 de marzo do 2016.- A Área de Cultura da Deputación de Lugo proxectará o vindeiro sábado, 5 de marzo, a partir das 19.00 horas, o filme “Paulina”, no Salón de Actos da Deputación. Esta proxección encádrase nos actos en torno ao 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
O evento foi presentado polo Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, e por Branca Rodríguez Pazos, que presentará a proxección e moderará o coloquio posterior á mesma. Tal e como expresou Ferreiro “con actos como este queremos incitar á reflexión en torno á lacra social que supón a violencia de xénero, e a desigualdade existente entre mulleres e homes, conscientes de que a defensa da igualdade non se predica, practícase. Así o facemos desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo”, sinalou.
Así mesmo, Xosé Ferreiro lembrou que a Área de Cultura da Deputación de Lugo ten organizada unha inxente actividade en torno ao 8 de marzo, cos obradoiros e a exposición do proxecto NÓS + OUTRAS EN REDE, ubicada no Refectorio do Museo de Lugo, a exposición “Palabras Pintadas” ubicada na Sala Multiusos do Museo de Lugo, a terceira edición do Congreso de xénero, museos, arte e educación. Para máis información http://redemuseisticalugo.org/.
Información do filme
Paulina (La Patota. Argentina – Brasil – Francia 2015, 103 min.)
Dirección: Santiago Mitre
Guión: Mariano Llinás e Santiago Mitre
Fotografía: Gustavo Biazzi
Música: Nicolás Varchausky
Elenco: Dolores Fonzi, Óscar Martínez, Esteban Lamothe, Cristian Salguero, Laura López Moyano, Ezequiel Díaz.
Premios: Festival de Cannes (Gran Premio Semana da Crítica, Premio FIPRESCI)
– Festival de Donosti (3 Premios “Horizontes Latinos”)
– Premios Fénix (Mellor actriz: Dolores Fonzi)
Sinopse: Paulina deixa a súa carreira de abogada en Bos Aires para participar en labores sociais na súa vila natal. Tras dúas semanas de traballo sufre o violentto asalto dun grupo de mozos de clase. Lonxe de fuxir da vila, decide quedar e buscar os motivos de tan salvaxe agresión.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



