Ribadeo, 3 de marzo de 2016. Medio cento de veciños e veciñas están a participar nas tardes de lecer, que están xa implantadas en seis parroquias ribadenses. O programa desenvolvese durante todo o ano, agás durante a época estival. A Concellaría de Igualdade cualifica de éxito o programa “Aquí… como de 20”.
Desde o Concello sinalan que “o programa Aquí… como de 20!! estase a desenvolver nas parroquias de As Anzas, Cinxe, Vilaosende, Vilela, Remourelle e Rinlo. No ano 2013 botou a andar este programa, que xa está consolidado debido á satisfacción e ao incremento das persoas participantes na actualidade. Está dirixido ao ámbito rural de Ribadeo e ás capas de poboación máis vellas do concello, o que non impide que participen persoas da urbe ou persoas mozas se aí o desexaran e non houbera problemas de prazas”.
Na Concellaría de Igualdade explican que “as tardes de lecer teñen como obxectivo dinamizar aos membros da comunidade coa finalidade de fortalecer os nexos de unión así como o sentimento de pertenza, mantendo a capacidade funcional e potenciando a autonomía e independencia das persoas usuarias da actividade. Polo tanto, hai sesións que se centran nos contidos propios dun taller de memoria e hai outras que se enfocan de forma máis lúdica, pero sen perder de referencia ese traballo dirixido ao coidado da memoria e a dinamización da comunidade”.
Os contidos do obradoiro de lecer poden ser con xogos, actividades de memoria, psicomotricidade, musicoterapia, dramatización…e calquera outra que se inclúa en función do nivel dos grupos e a evolución natural das e dos participantes. Ademais realízanse outras actividades, como campionatos de tute e brisca interparroquial, teatro, … e tamén celebraron o Entroido á súa maneira.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



