O matriarcado que caracteriza ó noso país irrumpeo na vida galega en época remota e nunca deixou de rexir a historia de Galicia e o destino de cada galego. Dí Martínez Barbeito que “o mais fondo do ser da terra, dende a paisaxe á música e a fala, todo aquí aparece baixo un tinte feminino”. Moito do producido polo xenio indíxena débese ás mulleres. Egeria, monxa viaxeira e escritora do s. IV; Agape, gran axitadora do priscilianismo; María Balteira,xoglaresa do s.XIII; María Pita, heroíña contra os ingleses en 1589; Isabel Barreto,descubridora e navegante; as raíñas Juana e Inés de Castro; a poetisa Condesa de Altamira…son bós exemplos nos tempos antigos.
No s. XIX, as catro mulleres mais ilustres de España foron Concepción Arenal, socióloga, penalista e pensadora; Rosalía de Castro voz, gorxa e alma de Galicia, Pardo Bazán, novelista, sabia e crítica xenial e Juana de Vega, mente política e anxo da caridade… Tense dito que, en Galicia, os grandes homes… eran mulleres. Pero, a carón destas, moitas de non menor entidade espiritual, e miles de oscuras mulleres galegas, que son a alma e o corpo do fogar. “Mulleriñas- dí o autor -ás veces insignificantes ó exterior pero moralmente grandes, que levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico…”.
Foz non é a excepción e os focegos que vivimos boa parte do s.XX, somos testemuña de a onde chegaba, en tempos de penuria suprema, a capacidade de sacrificio, de privacións e de esforzo das mulleres do noso pobo. Non precisou o cronista voar do niño materno para descubrir grandeza da muller focega traballadora, emprendedora, abnegada e xenerosa ata límites heroicos: a matrona que, criando once fillos, gastou os seus días nunha permanente entrega á familia, ó traballo e á arriscada iniciativa.Dixo o poeta: “aunque no sé tu nombre/ ni si eres linda o fea/ con flores deja que tus pies alfombre/ que, para honrarla el hombre/ bástale a la mujer que mujer sea”.
No Día Mundial da Muller chegue a tódalas focegas, nestas sinxelas verbas, a expresión da nosa modesta e sentida homenaxe.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



