Foz, 7 de marzo 2016.– Os actos da Semana Santa de San Martiño, de Foz, que se presentaron o pasado sábado, principiarán o próximo 19 deste mes. Ese día, Sábado de Paixón, ás oito menos cuarto da tarde, terá lugar no Centro Social do Caritel a recepción na honra das autoridades, confrades, convidados e veciños. Ás oito na Basílica de San Martiño dará lectura ao Pregón da Semana Santa Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. A continuación terá lugar a apertura dunha nova edición da Semana de Música Xosé Alonso a cargo do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e seguidamente ofrecerá un concerto a Coral Polifónica de Foz. Nese acto farase entrega dos pergamiños de confrades de honra da Confraría do Desencravo a María Mónica Irimia Labrada, José Ramón Vila Otero e Ramón Sánchez Martínez. Posteriormente terá lugar a recepción dos novos confrades e clausurará o acto o párroco de San Martiño, Antonio Valín.
O día 20, Domingo de Ramos, á unha da tarde terá lugar a bendición de ramos e palmas na Praza da Basílica e seguidamente haberá procesión ata a basílica coa cruz da parroquia e as das capelas do Bispo Santo, O Carme e A Ermida, ademais de varias imaxes. Á unha e cuarto da tarde terá lugar a misa de Domingo de Ramos na basílica e despois ofrecerá un concerto a Coral Santiago Apóstol, de Vigo.
O día 23, Mércores Santo, ás sete da tarde na igrexa de San Xoán de Vilaronte terá lugar a celebración eucarística e ás sete e media celebrarase o Oficio de Tebras, recuperado na basílica de San Martiño no 2008 despois de máis de cincuenta anos sen desenvolverse. Este é o primeiro ano que se celebra o acto na igrexa de San Xoán de Vilaronte e trátase dun conxunto literario e musical paralitúrxico de gran beleza que remata co tocar das carracas. Esta é unha obra adaptada e traducida ao galego de Arximiro López Rivas, sacerdote coordinador da revista Lucensia, de Lugo, e a peza terá unha duración aproximada de dez minutos.
O día 24, Xoves Santo, ás cinco e media da tarde na basílica haberá misa da Cea do Señor e despois o Santísimo Sacramento será trasladado ata o monumento en procesión. San Martiño é unha das poucas parroquias que nesta cerimonia as varas do palio son portadas por homes e mulleres de forma paritaria.
O día 25, Venres Santo, ás doce da mañá na basílica terá lugar o solemne viacrucis polo interior do templo. Este calvario será teatralizado con textos do poeta local Saros e en cada estación será lida unha estrofa por alumnos da antiga escola do Caritel. Ás doce e media celebrarase o acto das Sete Palabras que concluirá co canto da Salve Mariñeira polo Coro Parroquial de Foz. Ás catro e media da tarde na liturxia do Venres Santo na basílica terá lugar o Acto do Desencravo, obra do confrade de honra, Luis García Calvo, e ás cinco e media da tarde polo barrio medieval do Caritel celebrarase a procesión do Santo Enterro coa participación da Banda de Música de Foz e o cantante de saetas Rubén Fernández.
O día 26, Sábado Santo, ás oito da tarde no adro e na basílica celebraranse os actos da liturxia coa bendición do lume e da auga e procesión das candeas; ás oito e media oficiarase a misa solemne e ás nove haberá concerto da Semana de Música Xosé Alonso a cargo de Felipe Sánchez e África Rodríguez, profesores da Escola de Música de Foz. E o domingo 27 na Misa de Pascua haberá un concerto a cargo do grupo Lucus Ensamble.
Todos estes actos están organizados pola Confraría do Desencravo e a Delegación de Cultura do Concello de Foz.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



