O TRASTE de Burela acollía o Venres Santo a presentación do primeiro Mes da Maxia de AMAM, a Asociación de Mag@s Afeccionad@s da Mariña, como proxecto máis importante dende o seu nacemento no 2014.
O Mes da Maxia de AMAM contará cun mago profesional que está traballando cos mellores magos do mundo, colabora no programa de tarde da TVG e, que aínda que vive en Madrid, é galego. Pedro Volta xunto con AMAM farán percorrer a ilusión e a maxia por gran parte da Mariña durante o mes de Abril.
Este evento quere achegar e ofrecer a maxia profesional e actuacións de prestixio ás e aos veciños da Mariña, xa que para ver espectáculos deste calibre hai que ir a algunha cidade, AMAM quere acercar este tipo de shows ás nenas e nenos (entre 0-100 anos) para que desfruten do que non teñen normalmente á man.
O programa deste primeiro Mes da Maxia de AMAM, a falta de poucos detalles será o seguinte:
1 abril
Pedro Volta inaugurará o Mes da MAXIA de AMAM facendo un dos máis famosos escapismos de Harry Houdini: colgado dunha grúa a uns 25 metros de altura estará atado cunha camisa de forza e intentará escaparse. Será o acto inaugural na praza da Mariña de Burela a partir das 18.30 horas, xa que o horario irá dependendo do programa da TVG que emitirá o evento en directo.
Este día á mañá, o Mago Jorge e o Mago Pi irán visitar os colexios de Burela, onde farán gala das súas dotes máxicas.
2 abril
Actuacións de AMAM na praza da Mariña e no Parque Rosalía de Castro de Burela. 12.00 e 13.00 horas.
3 abril
Gala unipersoal de PEDRO VOLTA no auditorio de Burela, co seu show ILUSIONANTE, ás 19.00 horas. Entradas á venda en ATAQUILLA.COM e tamén en O TRASTE e na Asociación de AMAM. O mesmo día do acto tamén se poderán mercar en taquilla.
8 abril
Visita dos magos de AMAM aos colexios de Ribadeo durante a mañá.
9 abril
Actuacións de AMAM nas rúas de Ribadeo. 18.00 e 19.30 horas.
10 abril
Gala unipersoal de Pedro Volta no auditorio de Ribadeo. Dúas funcións: 17.00 e 19.30 horas. Entradas á venda en ATAQUILLA.COM e no propio auditorio.
15 abril
Visita dos magos de AMAM aos colexios de Mondoñedo, durante a mañá
16 abril
Gala Máxica de AMAM, cinco magos farán as delicias das e dos veciños de Mondoñedo. 19.30 horas
22 abril
Visita dos magos de AMAM aos colexios de Viveiro, durante a mañá.
23 abril
Gala unipersoal de Pedro Volta no teatro Pastor Díaz, dúas funcións: 17.00 e ás 19.30 horas. Entradas á venda no propio Teatro.
24 abril
Actuacións de AMAM nas rúas e prazas de Viveiro. 18.00 e ás 19.30 horas.
Ademais en cada un dos concellos nos que nomeamos anteriormente haberá actuacións nocturnas nos locais de hostelería da man de AMAM, locais que iremos anunciando nos próximos días.
Tamén haberá sorpresas durante estas fins de semana a calquera hora e en calquera espazo destes concellos.
“Coas poucas posibilidades de AMAM”, dende o colectivo cren que “é unha programación bastante intensa e que chega a moitos puntos da comarca. Non se vai a todos os concellos xa que a intención é que se repita ano a ano e moverse por todos os concellos da MARIÑA”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



