O Grupo Municipal Socialista defendía este martes ante o Pleno do Concello de Ribadeo unha moción sobre as medidas a desenvolver para a normalización, visibilización e integración plena das persoas LGTBI que foi aprobada por unanimidade (con algunhas modificacións propostas polo BNG).
Desde a Agrupación Socialista de Ribadeo queremos dar as grazas á Federación Arco Iris e a 7 Cores Compostela pola súa colaboración na elaboración do texto e polo seu traballo diario na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI. Tamén agradecemos a todos os membros da Corporación Municipal o seu apoio á moción.
O voceiro municipal, David Fernández Feijóo, asegura que “seguiremos traballando por e para un Ribadeo mellor para todos os seus veciños e defendendo a convivencia en igualdade”.