Ribadeo, 3 de maio de 2025. Ribadeo anima aos propietarios de vivendas do casco histórico da vila e do Ari de Rinlo a solicitar subvencións para proceder á súa rehabilitación. O prazo do que dispoñen será de 3 meses.
O alcalde, Dani Vega, anima “a solicitar subvencións para rehabilitar as casas no conxunto histórico no Ari de Ribadeo e tamén no Ari de Rinlo. O prazo xa está aberto, será de tres meses para solicitar esta subvención e ten valoracións. Evidentemente, enerxía primaria non renovable, redución do consumo da enerxía primaria e todo o que afecte á estrutura tanto de cubertas como de cerramentos, que aí tamén hai un aforro enerxético, todo ten unha valoración, dende 30 puntos a 10 puntos”.
O rexedor subliñou que “é necesario cumprir os requisitos, é dicir a redución do consumo da primaria non renovable polo menos que sexa do 30% e a redución da demanda enerxética anual global de calefacción, refrixeración, polo menos dun 35%. As axudas van dende 8.000 euros a 21.400, preto de 22.000 euros. E a subvención do custo da actuación poderá ser dende o 40 % ao 80 % da contía máxima por axuda”.
Vega explicou: “estamos a falar de que hai un período considerable para xustificar a subvención, que é ata o 30 de abril de 2026, e cando se publique no Boletín Oficial da Provincia, xa se poden solicitar estas subvenciones”.
O alcalde ribadense engadiu: “nosoutros, dende o Concello, sempre o dicimos: obxectivo rehabilitar, obxectivo conservar, obxectivo coidar o noso casco histórico de Ribadeo e tamén o Ari de Rinlo. Recordar que estamos nos 20 anos de declaración BIC de todo o conxunto histórico, durante todo este tempo todos os gobernos intentaron facer o mellor para conservar un conxunto histórico que, desde logo, é o máis vivo, o máis renovado e con máis actividade tamén de toda a provincia. Volvemos sacar estas subvencións co obxectivo de rehabilitar e conservar o conxunto histórico de Ribadeo e o Ari de Rinlo”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



