Quentando motores para un gran concentración en Compostela o 10 de marzo, o xoves 3 diferentes organizacións sindicais convocan unha concentración diante o Hospital da Costa a partir das 11.30 horas contra a “ridícula oferta de OPE do SERGAS” esixindo “emprego para tod@s” e “a convocatoria de tódalas prazas vacantes de tódalas categorías”.
POR UNHA OPE DIGNA PARA UN EMPREGO DIGNO. POR UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE
Un dos potenciais máis importantes da Sanidade Pública é o seu persoal. Para ter uns servizos públicos de calidade, precísase persoal cualificado e suficiente. O goberno do PP, pola contra, está a facer todo o posible para reducir este capital humano á mínima expresión, eliminando ano tras ano postos de traballo na Sanidade Pública.
Nos anos 2010-2014 a taxa de reposición foi do 10%, de cada 10 traballadores/as xubilados/as só se cubría unha praza. No ano 2015, a taxa de reposición foi do 50% das vacantes producidas ese ano. No ano 2016, a taxa de reposición é do 100% das vacantes do ano anterior. Mais esta taxa de reposición non se está a aplicar sobre todas as prazas vacantes, senón sobre as vacantes que previamente teñen autorización para a súa cobertura.
A isto hai que sumarlle a eliminación de postos detraballo do Plan de Mellora de Atención Primaria, e a do Plan Galego de Saúde Mental.
Con esta política de persoal cada ano aumentase a precariedade laboral. E cada día hai menos traballadoras/es no SERGAS, aumentando cargas de traballo, listas de espera…
Esta política de persoal tamén afecta ás contratacións: este goberno está empeñado en facer contratos lixo para a cobertura de prazas estruturais, que sempre se cubriron con contratos de interinidade ou con contratos pola causa que motivaban a contratación. Agora a modalidade maioritaria de contratación no SERGAS é por día soltos.
As OOSS convocantes esiximos do SERGAS e do GOBERNO DO PP unha negociación na Mesa Sectorial que permita:
– Unha convocatoria de OPE para todas as categorías co 100% das prazas vacantes desde o ano 2009.
– A negociación dunha Orde de Vínculos que obrigue ao SERGAS a contratar pola causa que motiva a contratación.
Non imos desistir até conseguir emprego digno no SERGAS. O diñeiro público é para dar servizos públicos de calidade. Isto non se consigue se non hai persoal para prestalos. A eliminación dos postos de traballo é a ferramenta que utiliza o SERGAS para facilitar a privatización.
Mobilízate. Non consintas que acaben coa Sanidade Pública.
CONCENTRACIÓNS EN TODAS AS ÁREAS SANITARIAS O DÍA 3 DE MARZO MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA O DÍA 10 DE MARZO























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



