Foz, 2 de febreiro de 2016.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 25 de Febreiro,“Foz,Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.
O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan a reparar todas aquelas baldosas que se atopan soltas nas distintas beirarrúas do noso Concello, que sobre todo agora en tempo de choivas, fai que as persoas que pisen nelas leven unha desagradable sorpresa mollando pes e pantalóns.
O segundo rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que procedan a reparar e repoñer as vallas que se atopan en Porto Chico ao redor do Monumento ó Mariñeiro, vallas que se atopan arrincadas nalgúns casos e noutros casos teñen importantes danos.
E o terceiro rogo solicitámoslle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno procedan a reparar a fonte da Praza Conde de Fontao, fonte que leva sen auga xa máis de dous anos, e ultimamente sufriu a ruptura da parte máis alta desta e mais do seu tubo interior.
Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:
-A asociación de Veciños de San Acisclo presentou o 18 de xaneiro do 2015 e 18 de Novembro do 2015 a solicitude de sendos informes técnicos á Policía Local de Foz sobre a seguridade dunha marquesiña colocada na parroquia, sen embargo a fecha de hoxe aínda non recibiron dito informe, preguntamos ó Alcalde dende FPF si sabe algo dese informe.
Resposta:Ese informe está feito e en vindeiros días a Asociación de Veciños de San Acisclo o recibirá.
– O Colexio público número un solicitou recuperar o local onde ensaia a Banda de Música de Foz por necesidades do centro, isto implicaría que a Banda quedaría sen sitio para ensaiar e gardar os seus instrumentos, entón preguntamos dende FPF si o Concello xa ten pensado un local onde reubicar ós alumnos e as persoas que utilizan dito local.
Resposta: De momento non se atopou local adaptado, pero estase traballando para dar unha solución o antes posible.
-Preguntamos neste caso ó Concelleiro de obras porque non se limpou en Cordido a zoa do río entre o muíño de Prudencio e o muíño de Engracia.
Resposta: Non se puido limpar por falta de tempo, pero está incluído para facer no proxecto do vindeiro obradoiro de emprego que ten o Concello de Foz solicitado.




















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



